Alexandre de Afrodisias
Alexandre de Afrodisias | |
---|---|
Andrea Briosco, Aristóteles e Alexandre de Afrodisias, placa do século XVI, Museo Bode. | |
Nacemento | século II |
Lugar de nacemento | Afrodisias |
Falecemento | século IIxuliano |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | filósofo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alexandre de Afrodisias (en grego antigo Ἀλέξανδρος ὁ Ἀφροδισιεύς) foi o máis soado dos comentaristas gregos das obras de Aristóteles. Foi alcumado, grazas á súa preeminencia, «o exéxeta» (ὁ ἐξηγητής). Foi oriúndo da cidade de Afrodisias, en Caria.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus comentarios serviron de fonte e modelo para autores gregos e bizantinos, e foron traducidos ao siriaco, árabe e latín. Atribúeselle a forma do «gran comentario», que será retomado polo peripatetismo árabe. «A exéxese de Alexandre de Afrodisias inspirábase no principio de que hai que explicar Aristóteles mediante Aristóteles. Alexandre buscaba o que Aristóteles dixo, non o que quixo dicir. Recorrendo a pasaxes paralelas da obra do Estaxirita ou doutras fontes, tentaba comprendelo. Cando non o conseguía, sinalaba as diferentes interpretacións posíbeis e propuña a que lle parecía máis conveniente; cando aquelas eran claras contentábase con emitir breves observacións»[1].
Vida[editar | editar a fonte]
Chegou a Atenas cara a finais do século II. Non hai máis datos sobre a datación da súa vida que a dedicación da súa obra De fato a Septimio Severo e a Caracalla, o que indica que foi escrita entre os anos 198 e 209[2]. Chegou a dirixir o Liceo[Cómpre referencia] e a dar clases sobre filosofía peripatética.
Tivo como mestres a Herminio, a Sosíxenes o Peripatético e a Aristocles de Mesene.
Pensamento[editar | editar a fonte]
O obxectivo da súa obra foi liberar a doutrina do sincretismo de Amonio e reproducir a doutrina pura de Aristóteles. Sostivo que a razón sen desenvolver do home é material (nous ulikos) e inseparábel do corpo. Argumentou vehementemente contra a doutrina de inmortalidade. Identificou o intelecto activo (nus poietikos), grazas a cuxa acción o intelecto potencial do home convértese en real, con Deus.
Os seus comentarios ás obras de Aristóteles gozaron de enorme estima entre os árabes, quen traduciron moitos deles.
Durante o Renacemento a súa doutrina da mortalidade da alma foi adoptada por Pietro Pomponazzi, e polo seu sucesor Cesar Cremonini, (contra os tomistas e os averroístas).
Obras[editar | editar a fonte]
Consérvanse comentarios de Alexandre sobre as seguintes obras de Aristóteles:
- Primeiros analíticos (ou Analytica Priora) I.
- Tópicos (ou Topica).
- Meteorolóxicos (ou Meteorologica).
- Sobre o sentido e o sensibel (ou De sensu et sensato).
- Metafísica I-V, xunto cunha recompilación do que escribiu sobre os demais libros.
Non se conservan os comentarios que escribiu a outras obras de Aristóteles: Physica, Analytica Priora II, Analytica Posteriora, De caelo, De generatione et corruptione, e outras. Coñécese que comentou estas obras por referencias doutros autores.
Consérvanse varios escritos orixinais (non comentarios) de Alexandre. Os máis importantes son De fato (‘sobre o destino’), onde argumenta contra a doutrina estoica da necesidade, e De anima (‘sobre a alma’).
Non hai entre os especialistas unanimidade en canto á cronoloxía das obras de Alexandre[3].
En 2007 atribuíronse a Alexandre pasaxes achadas nunha copia do século XIII dun misal, o Palimpsesto de Arquímedes, escrita por un escriba chamado Ioannes Myronas[4].
Edicións[editar | editar a fonte]
Varias das obras de Alexandre foron publicadas na edición de Aldo Manucio de Aristóteles (Venecia, 1495-1498)[5]. Os seus De fato e De anima foron impresas xunto ás obras de Temistio en Venecia (1534)[6]. Esta obra, que fora traducida ao latín por Grocio, foi editada por J. K. von Orelli (Zúric, 1824), e os seus comentarios sobre a Metafísica por H. Bonitz (Berlín, 1847)[7][8].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marie-Dominique Richard, L'enseignement oral de Platon, pp. 91-92
- ↑ Sharples, R. W. Alexander of Aphrodisias - On fate. Londres: Duckworth. ISBN 9780715617397.
- ↑ Bergeron, Martin & Dufour, Richard. Introduction à Alexandre d'Aphrodise - De l'âme'. París: J. Vrin. ISBN 9782711619733.
- ↑ "Text reveals more ancient secrets". 26 de abril de 2007. Consultado o 5 de setembro de 2007.
- ↑ Manucio, A. (ed.). Opera Graece. Venecia. OCLC 8797426.
- ↑ Temistio, Alexandre de Afrodisias. Omnia Themistii opera, hoc est Paraphrases, et Orationes. Alexandri Aphrodisiensis libri duo De anima, et De fato vnus. Venecia: In aedibus haeredum Aldi Manutii, Andreae Asulani. OCLC 43131205.
- ↑ Alexandre de Afrodisias, Grocio. Alexandri Aprodistiensis, Ammonii Hermiae filii, Plotini, Bardesanis Syri, et Georgii Gemisti Plethonis De fato quae supersunt Graece. Zúrich: Typis Orellii. OCLC 24930961.
- ↑ Aristóteles, Alexandre de Afrodisias. Alexandri Aphrodisiensis Commentarivs in libros metaphysicos Aristotelis. Berlín: G. Reimer. OCLC 10582065.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre de Afrodisias ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Varios autores (1910-1911). «Alexander of Aphrodisias». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and Xeneral information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.
- Frede, D. (13 de octubre de 2003). Universidad de Stanford, ed. Alexander of Aphrodisias. Consultado o 5 de setembro de 2007.
- Merlan, Philip (1970). Alexander of Aphrodisias 1. Nueva York: Charles Scribner's Sons. pp. 117–120. ISBN 0-684-10114-9.
- Apelt, A. (1886). "Die Schrift d. Alex. v. Aphr.". Philolegus (xlv).
- Ruelle, C. (1892). "Alex. d'Aphr. et le pretendu Alex. d'Alexandrie". Rev. des etudes grecques (v).
- Zeller (1922). Outlines of the history of Greek philosophy. Londres, Nueva York: Longmans, Green & co. OCLC 16772309.
- Gili. La sillogistica di Alessandro di Afrodisia. Sillogistica categorica e sillogistica modale nel commento agli Analitici Primi di Aristotele. Hildesheim, Zuerich, Nueva York: Georg Olms. OCLC 740549218.
- Alejandro de Afrodisias. Acerca del alma. Acerca del destino. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3669-3.
- Alejandro de Afrodisias. Sobre el destino. México: UNAM. ISBN 978-607-02-0655-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alexandre de Afrodisias: Acerca do destino (Περι ειμαρμενεσ).
- Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
- Texto grego no mesmo sitio.
- Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).