Aleksandr Solzhenitsyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexandre Solzhenitsyn»)
Infotaula de personaAleksandr Solzhenitsyn

(1974) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Александр Исаевич Солженицын Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Kislovodsk (República Socialista Soviética Federativa de Rusia) Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 2008 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaDonskoe cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Socialista Soviética Federativa de Rusia
Unión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaLeninismo Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónRostov State University (en) Traducir (1936–1941)
Universidade Federal do Sur Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoGulag Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor (1959–), mestre (1957–), prosista , militar , xornalista de opinión , militante , figura pública , dramaturgo , historiador , poeta , novelista , guionista , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa
ProfesoresDmitry Dmitrievich Morduhai-Boltovskoi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Rango militarprimeiro tenente (pt) Traducir
capitán Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNatalia Alekséyevna Reshetóvskaya (1940–52 1957–72)
Natalia Dmítrievna Svetlova (1973-2008)
FillosYermolái (1970- )
Ignat (1972- )
Stepán (1973- )
PaisIsaackly Semyonovich Solzhenitsyn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Taisiya Zakharovna Shcerbak (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
6 de febreiro de 1957reabilitação (pt) Traducir
2 de febreiro de 1945-13 de febreiro de 1953Arresto
Filho póstumo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webhttp://www.solzhenitsyn.ru
IMDB: nm0813681 Bitraga: 4159 iTunes: 2664103 Musicbrainz: a53f258a-b79b-44a8-81ad-80c905d0801e Discogs: 1728986 WikiTree: Solzhenitsyn-1 Find a Grave: 28763542 Editar o valor em Wikidata

Aleksandr Isaevich Solzhenitsyn (en ruso: Александр Исаевич Солженицын), nado en Kislovodsk o 11 de decembro de 1918 e finado en Moscova o 3 de agosto de 2008, foi un escritor, historiador e Premio Nobel de Literatura ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun terratenente cosaco morto pouco antes de que nacese e unha mestra, pasou a súa infancia en Rostov do Don e estudou na Universidade desta cidade matemáticas e física; xa entón intentou publicar algúns traballos. Graduouse en 1941 e empezou a servir ese mesmo ano no exército soviético ata 1945 no corpo de transportes primeiro e máis tarde de oficial artilleiro. Participou na maior batalla de tanques da historia (Batalla de Kursk) e foi detido en febreiro de 1945 na fronte de Prusia Oriental, preto de Königsberg (hoxe Kaliningrado) pouco antes de que empezase a ofensiva final do Exército soviético que acabaría en Berlín. Foi condenado a oito anos de traballos forzados e a desterro perpetuo por opinións antiestalinistas que escribira a un amigo. Encerrárono na Lubianka e os primeiros anos do seu cativerio pasounos en varios campos, ata que grazas aos seus coñecementos matemáticos foi a parar a un centro de investigación científica para presos políticos vixiado pola Seguridade do Estado; iso inspirou a súa novela O primeiro círculo.

En 1950 foi trasladado a un campo especial na cidade de Ekibastuz, en Casaquistán, onde se xestou Un día na vida de Iván Denisovich. Tamén traballou de presidiario mineiro, albanel e forxador, e contraeu un tumor do que foi operado; o cancro reproducíuselle e esa experiencia serviu de material para a súa novela Pavillón do cancro, que terminou en 1967. Un mes logo de cumprir os oito anos de condena, Stalin morrera, aínda que as penas de Solzhenitsyn non acabaran. Aínda tiña que cumprir o desterro «a perpetuidade», polo que foi enviado a Kok Teren desde marzo de 1953 a 1956, o que aproveitou para escribir en segredo mentres daba clases na escola primaria. Liberado e rehabilitado en 1956, a Solzhenitsyn permitíuselle vivir en Vladimir e Riazán, no centro de Rusia, onde puido levar unha vida normal, dando clases de matemáticas e escribindo sobre as súas experiencias no cárcere. Ese foi o material da súa primeira novela, Un día na vida de Iván Denisovich (novembro de 1962), que foi publicada grazas ao desxeo ou desestalinización provocado pola denuncia do stalinismo realizada no XX congreso do PCUS por Nikita Khrushchev. Fíxoo o poeta Aleksandr Tvardovski na revista literaria que dirixía, a máis importante do seu país, Novy Mir (Novo Mundo) e procuroulle unha gran popularidade na URSS e fóra dela. Pero a apertura durou pouco e o autor pasou os últimos anos sesenta nun forcexo constante para pór a salvo do KGB os seus arquivos e manuscritos, moitos deles difundidos por toda Rusia en samizdat, copias rudimentarias clandestinas. Un día na vida de Iván Denisovich foi prohibida, e o orixinal de O primeiro círculo, do que o autor fixera varias versións, foi confiscado, así como todos os seus papeis.

Antes publicara a duras penas Nunca cometemos erros (1963) e Polo ben da causa (1964). En 1969 foi expulsado da Unión de Escritores Soviéticos por denunciar que a censura oficial lle prohibira varios traballos, podendo apenas publicar as novelas O primeiro círculo (1968), O pavillón do cancro (1968-1969) e Agosto 1914 (1971). O galardón do Premio Nobel de Literatura de 1970 acudiu na súa axuda; declinou, con todo, ir a Estocolmo por temor a que as autoridades soviéticas non lle permitisen regresar e, tamén, para ultimar a súa obra máis coñecida, o monumental Архипелаг ГУЛАГ. A primeira parte foi publicada en decembro de 1973 en París, despois de que unha copia do manuscrito se perdese ao caer en mans do KGB na URSS e a súa portadora, secretaria do autor, se suicidase tras ser torturada. «Co corazón oprimido -explicou na primeira páxina-, durante anos abstívenme de publicar este libro, xa rematado. O deber para os que aínda vivían podía máis que o deber para cos mortos. Pero agora, cando a pesar de todo, caeu en mans da Seguridade do Estado, non me queda máis remedio que publicalo inmediatamente».

Para escribir esta obra Solzhenitsyn entrevistara a 227 sobreviventes dos campos de traballo soviéticos ou gulags, cuxas identidades protexeu con celo. Mestura feitos históricos e autobiográficos con testemuños persoais alleos e a obra desencadeou un vendaval de ataques ao autor na prensa e os medios soviéticos. Foi detido e acusado de traizón o 12 de febreiro de 1974 e ao día seguinte foi expulsado da URSS e marchou ao exilio. Foi deportado a Alemaña Oriental (agora parte da República Federal de Alemaña) e privado da cidadanía soviética.

Архипелаг ГУЛАГ é unha análise extremadamente documentada do sistema de prisións soviético, do terrorismo e da policía secreta. Cun estilo solto, afastado de solemnidades melodramáticas e un leve toque irónico que aliviaba a tensión lectora nun labirinto de continuas traxedias, enumerábanse as atrocidades dun Estado enfrontado demencialmente ao seu propio pobo case desde os seus inicios. Nun dos momentos de maior esplendor do gulag, cara a 1936, había uns cinco millóns de prisioneiros que compuñan o que Franz Kafka chamara "a colonia penal". Un número que aumentou ano tras ano ata a morte de Stalin, en 1953. En total, entre 1928 e o falecemento do "Pai dos pobos", entre 40 e 50 millóns de persoas foron enviadas a cumprir condenas no que metaforicamente denominou Solzhenitsyn arquipélago de campos de traballo repartidos por toda a URSS. Aproximadamente a metade delas nunca regresaron.

Архипелаг ГУЛАГ publicouse primeiro en Francia (1973) e apareceu pouco despois noutros idiomas. Архипелаг ГУЛАГ 2 e Архипелаг ГУЛАГ 3 foron publicados en 1975 e 1978 respectivamente. Viaxou aos Estados Unidos en 1975 para establecerse alí tras publicar a novela-documento Lenin en Zúric: capítulos, nunha casa preto de Cavendish (Vermont), coa súa esposa Natasha e os seus tres fillos. Aí dedicouse a escribir dous ensaios: O carbalo e o tenreiro, fundamental para entender o mecanismo interno da vida literaria soviética, e O perigo mortal, no que analiza os erros da visión estadounidense sobre Rusia, onde volveu á caída do bloque soviético, ao recuperar oficialmente a cidadanía soviética, co que, ao fin, puido regresar ao seu país en 1994, onde tivo un recibimento digno dun heroe, a pesar do cal non deixou de exercer o pensamento crítico sobre Rusia. Os seus últimos traballos son Como reorganizar Rusia (1990) e O problema ruso: ao final do século XX (1992). En 1967 escribiu: «Non teño ningunha esperanza en Occidente, e ningún ruso debería tela. A excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón». Proclamaba que Occidente carecía de recursos morais e espirituais para resistirse á súa propia decadencia.[1] Considerou a culminación da súa traxectoria, unha novela histórica de fondo tolstoiano, A roda vermella, que abarca desde a caída do réxime tsarista ao ascenso ao poder dos bolxeviques. É unha tetraloxía composta por Agosto 1914, Outubro 1916, Marzo 1917 e Abril 1917.

En 1983 recibiu o Premio Templeton.

Nunha entrevista publicada ultimamente afirmaba que un dos principais males de Rusia consistía en carecer dunha verdadeira e importante administración a nivel local, que puidese fundar unha democracia real desde os seus cimentos.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Un día na vida de Iván Denisovich (1950)
  • Nunca cometemos erros (1963)
  • Polo ben da causa (1964)
  • O pavillón do cancro (1967-68)
  • O primeiro círculo (1968)
  • Agosto 1914 (1971)
  • Архипелаг ГУЛАГ (1973)
  • Lenin en Zúric: capítulos (1975)
  • Arquipélago Gulag 2 (1975)
  • Arquipélago Gulag 3 (1978)
  • O carballo e o tenreiro
  • O perigo mortal
  • Como reorganizar Rusia (1990)
  • O problema ruso: ao final do século XX (1992)
  • Rusia baixo os cascallos (1992)
  • A roda vermella, tetralogía composta por Agosto 1914, Outubro 1916, Marzo 1917 e Abril 1917
  • O erro de Occidente (Colección de ensaios)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Discurso en Harvard". columbia.edu. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]