Alexandre I, arcebispo de Alexandría
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 250 (Gregoriano) ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Morte | 17 de abril de 326 ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
19º Patriarca de Alexandría | |
313 – 326 ← Áquila de Alexandria (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) ![]() ![]() |
Ocupación | presbítero ![]() |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de febreiro ![]() |
Participou en | |
325 | Primeiro Concilio de Nicea ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Enciclopedia Ortodoxa Teolóxica Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Alexandre de Alexandría, nado no ano 250 e finado no 326, boi arcebispo de Alexandría desde o ano 313 até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a Aquilas de Alexandría.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o décimo noveno patriarca de Alexandría, título que precede ao de papa da Igrexa copta ou patriarca da Igrexa ortodoxa, previo ao cisma do ano 457.
Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada "herexía ariana", que afirmaba que Xesús non era Deus verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en Xesús de Nazaret; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai.
Alexandre tamén é coñecido pola súa doutrina apostólica e unha das súas accións máis destacadas foi ordenar a un mozo diácono de nome Atanasio, que máis tarde sería famoso e admirado en toda a cristiandade.
Alexandre aínda que foi xentil cos arianos, tamén foi determinado. Moitos acúsano de comprometer a posición da Igrexa, aínda que outros autores afirman que foi impetuoso a causa da súa posición irredutíbel. Non obstante, debe ser considerado como un campión na ensinanza da Igrexa católica o que está acreditado ao incluílo no seu santoral polo seu celo pastoral, celebrándose a súa festividade o 26 de febreiro na igrexa católica, na Igrexa ortodoxa o 29 de maio e na Igrexa copta o 17 de abril.
Durante moito tempo dirixiuse a Ario intentando convencelo do seu erro antes da súa excomuñón, no 321. A excomuñón foi confirmada no sínodo de Alexandría. A súa circular episcopal sobre a herexía ariana sobreviviu, ao tempo que é unha parte importante da literatura eclesiástica daquel período.
Como bispo, Alexandre prefería aos monxes, destacando aqueles que vivían como eremita s no deserto, a quen consideraba como modelo para as súas ovellas. Tamén insistiu na caridade cos pobres na diocese baixo o seu control, virtudes polas que foi famoso.
Considérase a Alexandre como un dos principais responsábeis do Primeiro Concilio de Nicea no ano 325, onde o arianismo foi formalmente condenado. O labor de Alexandre neste concilio sería de capital importancia posteriormente, xa que uns anos máis tarde o emperador Teodosio I tomou a transcendental decisión de facer do cristianismo niceno ou catolicismo a relixión oficial do Imperio mediante o Edicto de Tesalónica de 380.
Faleceu en Alexandría no ano 326, segundo algunhas tradicións o 26 de febreiro, dous anos despois de regresar do concilio, e nomeando a santo Atanasio de Alexandría como o seu sucesor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]OUtros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Johannes Quasten, Patrología II, B.A.C. Madrid 1962.
- KANNENGIESSER, Ch. "Alexandre de Alexandria". Dicionário Patrístico e de Antigüidades Cristãs. Petrópolis: Vozes, 2002.
- St. Alexander, Catholic Encyclopedia 1913.