Alexandre Cabanel
Alexandre Cabanel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de setembro de 1823 |
Lugar de nacemento | Montpellier |
Falecemento | 23 de xaneiro de 1889 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | cemetery Saint-Lazare (Montpellier) |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Escola Nacional Superior das Belas-Artes e Academia da França em Roma |
Ocupación | pintor e profesor universitario |
Coñecido por | The Birth of Venus, sen etiquetar e Cleópatra Testando Venenos em Criminosos |
Premios | comendador da Lexión de Honor, Prix de Rome e Ordem de São Miguel da Baviera |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alexandre Cabanel, nado en Montpellier o 28 de setembro de 1823 e finado en París o 23 de xaneiro de 1889, foi un pintor francés, representante do neoclasicismo académico. Dedicouse a temas históricos, mitolóxicos e relixiosos. Tamén foi un excelente acuarelista e autor de retratos, paisaxes e composicións decorativas.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1840 ingresou na École des Beaux Arts, onde foi alumno de Picot. Máis tarde sería nomeado profesor desta famosa escola. Actuou varias veces no Salón de París e recibiu unha medalla de segunda clase en 1852, unha medalla de primeira clase en 1855 e dúas veces unha medalla de honra (en 1865 e 1867).
Foi amigo de Napoleón III e recibiu o encargo de pintar obras importantes para a decoración dos pazos imperiais.
En París foi un dos mestres de pintores franceses como Étienne Terrus (da Cataluña Norte ou Rosellón) e portugueses como António da Silva Porto, João Marques de Oliveira, Horácio Hora, Rodolfo Amoedo e Almeida Júnior.
Galería[editar | editar a fonte]
A morte de Moisés (1851)
Retrato de Catarina Vorontsova-Dashkova
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Alexandre Cabanel". fr.dbpedia.org. Consultado o 2022-08-16.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexandre Cabanel |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- BENEZIT, E. Dicionario, etc. París, Gründ, 1999.