Alexander Rodchenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexandr Rodchenko")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexander Rodchenko
1920s Rodchenko and Stepanova.jpg
Rodchenko e Stepanova nos anos 20
Nome completoAleksander Mikhailovich Rodchenko
Nacemento5 de decembro de 1891
 San Petersburgo
Falecemento3 de decembro de 1956
 Moscova
Áreafotógrafía, pintura
EducaciónKazan Art School
Movementoconstrutivismo
CónxuxeVarvara Stepanova
editar datos en Wikidata ]

Aleksander Mikhailovich Rodchenko (en ruso: Алекса́ндр Миха́йлович Ро́дченко), nado o 5 de decembro de 1891 e finado o 3 de decembro de 1956, foi un artista, escultor, fotógrafo e deseñador gráfico ruso. Foi un dos fundadores do construtivismo e do deseño ruso. Estivo casado coa artista Varvara Stepanova.

Rodchenko foi un dos artistas máis versátiles do construtivismo e do produtivismo en aparecer tras a Revolución Rusa. Traballou como pintor e deseñador gráfico antes de dedicarse á fotomontaxe e á fotografía. A súa fotografía foi socialmente comprometida, formalmente innovadora e oposta á estética pictórica. Preocupado pola necesidade de series de fotos analíticas-documentais, adoitaba a disparar aos seus suxeitos dende ángulos raros, normalmente dende moi arriba ou moi abaixo del, para sorprender ao espectador e atrasar o recoñecemento. Escribiu: "Un ten que tomar varias fotos diferentes dun suxeito, dende diferentes puntos de vista e en diferentes situacións, como se un o examinase ao redor en vez de velo unha e outra vez a través da mesma pechadura".