Alexander von Keyserling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander von Keyserling
Nome orixinalAlexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1815
Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia
Morte8 de maio de 1891
Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, Imperio Ruso
Datos persoais
País de nacionalidadeXermano-báltica (nacemento)
Rusa (posteriormente)
Grupo étnicoAlemáns do Báltico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónNaturalista (xeólogo, paleontólogo, botánico, zoólogo)
Membro de
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKeyserl. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeZinaida Keyserling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLeo Gebhard Alexander Gf. von Keyserling (en) Traducir, Q117083463 Traducir, Marie von Keyserling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHeinrich Diedrich Wilhelm Gf. von Keyserling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna von Nolde (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGeorg Cancrin (pt) Traducir (sogro)
Hermann Graf Keyserling (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Demidov

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Von_Keyserlingk-22
A Casa Señorial de Rayküla.

Alexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling, coñecido como Alexander von Keyserling, nado o 15 de agosto de 1815 na Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia, que máis tarde pasou a ser unha provincia do imperio Ruso (hoxe Letonia), e finado o 8 de maio de 1891 na Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, foi un aristócrata, paleontólogo, naturalista, xeólogo, botánico, e zoólogo alemán, que traballou no imperio Ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do conde Heinrich Dietrich Wilhelm von Keyserling e da súa esposa Anne Amélie Bénigne von Nolde, formaba parte dunha destacada familia aristocrática xermano-báltica, os Keyserling.

Está considerado como un dos fundadores da xeoloxía rusa.

Realizou numerosas expedicións finaciadas polo seu amigo, o tsar Nicolao I.

Ademais dos seus traballos en xeoloxía, realizou numerosas investigacións en botánica e en zooloxía.

Casou en 1844 coa condesa Zénaide Cancrin (1821-1885), filla do célebre ministro de Finanzas de Nicolao I Georg Cancrin.

Ocupou varios cargos, entre eles curador da Universidade de Tartu (1862-1869).

En 1847 retirouse da súa carreira académica, establecéndose na mansión Rayküll, que adquirira como dote para o seu matrimonio coa fija do ministro de Finanzas ruso George Cancrin.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Con Johann Heinrich Blasius. Die Wirbelthiere Europa's (Os mamíferos de Europa) F. Vieweg und Sohn, Braunschweig, 1840.
  • Con Roderick Impey Murchison e Édouard de Verneuil. The Geology of Russia in Europe and the Ural Mountains... Editor J. Murray, 1845.
  • Con Paul Theodor von Krusenstern. Wissenschaftliche Beobachtungen auf einer Reise in das Petschora-Land, im Jahre 1843 (Observacións científicas durante unha viaxe á tierra de Petschora, en 1843). C. Kray, San Petersburgo, 1846.
  • Fossile Mollusken. San Petersburgo, 1848.
  • Der nördliche Ural und das Küstengebirge Pai-Choi, untersucht und beschrieben von einer in den Jahren 1847, 1848 und 1850 durch die kaiserlich-russische geographische Gesellschaft ausgerüsteten Expedition... Buchdruckerei der kaiserlichen Akademie der Wissenschaften, San Petersburgo, 1853.
  • "Reisetagebücher des Graffen Cancrin 1840-45".[1]
  • Polypodiacea et cyatheacea herbarii bungeani. W. Engelmann, Leipzig, 1873.
  • Genus Adiantum L. Recensuit Alexander Keyserling... Academia Imperial das Ciencias, San Petersburgo, 1875.
  • Aus dem Tagebuchblättern des Grafen Alexander Keyserling... Stuttgart, 1894.

Abreviatura (botánica)[editar | editar a fonte]

A abreviatura Keyserl. emprégase para indicar a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Abreviatura (zooloxía)[editar | editar a fonte]

A abreviatura Keyserling emprégase para recoñecer a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Botánica
Xénero
Especies

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Memorias do seu avó, o xeneral conde Cancrin.
  2. Fl. Orient. [Boissier] 2: 629 [dec 1872 a xaneiro de 1873] (IK)
  3. Mém. Acad. Imp. Sci. St.-Pétersbourg, Sér. 7. 11(16): 82 1868; 15(1): 139 (1869) Generis Astragali (IK)
  4. Revis. Gen. Pl. 2: 945 1891 (IK)