Alexander Grothendieck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Grothendieck

Alexander Grothendieck en 1970.
Nome orixinal(de) Alexander Grothendieck
(fr) Alexandre Grothendieck Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Alexander Raddatz Editar o valor em Wikidata
28 de marzo de 1928
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 2014 (86 anos)
Francia Saint-Girons, Ariège, Francia
Datos persoais
ResidenciaLasserre (1990–2014)
Vendargues (1945–1948)
Berlín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeNingunha (até a década de 1980)
Francés (desde a década de 1980)
Ideoloxía políticaAnarquismo e criticism of technology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Montepellier
Universidade de Nancy
Tese académica'Produits tensoriels topologiques et espaces nucleaires'
Director de teseLaurent Schwartz, Jean Dieudonné
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentre national de la recherche scientifique (1984–1988)
Universidade de Montpellier (1973–1984)
Universidade París-Sur (1972–1973)
Collège de France (pt) Traducir (1970–1972)
Institut des Hautes Études Scientifiques (pt) Traducir (1959–1970)
Centre national de la recherche scientifique (1950–1958) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPierre Berthelot, Carlos Contou-Carrere, Pierre Deligne, Michel Demazure, Pierre Gabriel, Jean Giraud, Luc Illusie, Michel Raynaud, Hoàng Xuân Sính, Jean-Louis Verdier
Arquivos en
Familia
PaisSascha Schapiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hanka Grothendieck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla Fields (1966)
Premio Crafoord (1988, rexeitado)

iTunes: 638989076 Musicbrainz: 16ad763d-2a7e-473f-903c-e81a32780bad WikiTree: Grothendieck-1 Find a Grave: 138964282 Editar o valor em Wikidata

Alexander Grothendieck, nado en Berlín, Estado Libre de Prusia o 28 de marzo de 1928 e finado en Saint-Girons, Ariège o 13 de novembro de 2014,[1] foi un matemático apátrida,[2] nacionalizado francés nos anos 1980. Durante a segunda metade do século XX levou a cabo un extraordinario proceso de unificación da aritmética, a xeometría alxébrica e a topoloxía, dando grande impulso ao desenvolvemento destas tres ramas fundamentais da matemática.[3][4] É considerado por moitos o matemático máis importante do século XX.[5][6][7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antecedentes familiares[editar | editar a fonte]

O seu pai, Aleksandr Petróvich Shapiro ou Sasha Shapiro, nado en Novozýbkov o 6 de agosto de 1890 e finado en Auschwitz en 1942, foi un xudeu anarquista ruso. Foi condenado á morte polo réxime tsarista en 1907, pero se lle cambiou a pena pola cadea perpetua por mor da súa mocidade. Liberado pola revolución de 1917, foi condenado á morte polo réxime comunista; emigrou clandestinamente a Berlín, onde coñeceu en medios anarquistas a xornalista ocasional Hanka Grothendieck, nada en Hamburgo o 21 de agosto de 1900 e finada en Montpellier o 16 de decembro de 1957. Estes feitos nárranse na súa novela autobiográfica inédita Eine Frau até a concepción do único fillo que tivo con Shapiro: Alexander Grothendieck.

Entre os anos 1934 e 1939, Grothendieck viviu en Hamburgo cunha familia adoptiva, mentres os seus pais estaban en Francia e participaron na guerra civil española[8] xunto aos anarquistas. En 1939 reuniuse coa súa nai Hanka en Francia. En 1940, ao ser alemán, foi internado no campo de Rieucros xunto coa súa nai, e estudou no próximo Instituto de Mende. Mentres, o seu pai foi internado no campo de Le Vernet e deportado polos nazis en 1942 a Auschwitz —figura co nome de Alexandre Tanaroff na lista de vítimas do Holocausto—.

En 1942 Grothendieck foi acollido na Guespy, fogar infantil do Socorro Suízo para refuxiados en Le Chambon-sur-Lignon, e terminou o Bacharelato no Collège Cévénol.

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

Entre 1945 e 1948, Alexandre Grothendieck estudou matemáticas na Universidade de Montpellier e de alí marchou a París, onde asistiu ao seminario de Henri CartanLaurent Schwartz dirixiu a súa tese doutoral sobre análise funcional en Nancy. Posteriormente Grothendieck entrou a formar parte do grupo Bourbaki. Nese grupo interesouse por saber cales han de ser os conceptos naturais que sirvan de base á xeometría. Entre 1957 e 1962 expuxo no Seminario Bourbaki unha renovación total dos fundamentos da xeometría alxébrica , e en 1958 introduciu a K-teoría. Dentro dese traballo enunciou e demostrou o teorema de Riemann-Roch-Grothendieck, resultado que lle daría fama mundial como matemático.[3][9]

Traballos de madurez[editar | editar a fonte]

En 1959 créase en Bures-sur-Yvette, preto de París, o IHES e ofrecéuselle a praza de matemáticas. Alí desenvolveu un traballo intenso até 1970 renovando a xeometría alxébrica de punta a cabo. Os seus Éléments de géométrie algébrique ("Elementos de xeometría alxébrica"), dos que chegou a escribir 4 volumes dos 12 previstos, e a serie de sete Séminaire de Géométrie Algébrique ("Seminarios de Xeometría Alxébrica") realizan unha síntese coa aritmética e a topoloxía ao redor dos dous conceptos cruciais de «esquema» e «topos» (un dos máis vastos labores de fundamentos xamais realizada en matemáticas). Inspiración central desta etapa foron as conxecturas de Weil, que en gran parte demostra, terminando o labor o seu alumno máis brillante Pierre Deligne. En 1966, no Congreso Internacional de Matemáticas de Moscova, ao que non acudiu en rexeitamento da Unión Soviética, recibiu a Medalla Fields. Nestes anos tamén desentrañou (aínda que non publica) a teoría de motivos, fantástica visión dunha unión máis íntima da aritmética e a xeometría que aínda permanece sen demostrar en gran parte, e expuxo nas chamadas «conxecturas estándar» os principios que permitirían desenvolver a teoría de motivos.

Posicións políticas e últimos anos[editar | editar a fonte]

En 1970 abondonou o IHES, porque esta institución aceptaba fondos de institucións militares, e móvese en ambientes pacifistas e ecoloxistas. Ante o estancamento espiritual que lle supón a súa absorbente dedicación ás matemáticas, abandonou tamén todas as actividades matemáticas tradicionais.

En 1972 pasou a ser profesor na Universidade de Montpellier, dando clases na súa Facultade de Ciencias e continuando as súas investigacións matemáticas fóra dos «circuítos oficiais». En 1984 solicitou unha praza no CNRS, para o que escribiu a memoria Esquisse d'un Programme,[10] esbozo dos temas matemáticos que estudou nos últimos anos e dun programa para continualos no futuro. Nesta época escribiu miles de páxinas con meditacións matemáticas e non matemáticas, destacando entre estas últimas Eloge, Récoltes et Semailles,[11] onde repasa a súa traxectoria vital no mundo matemático, e La Clef des Songes,[11] onde explica o seu descubrimento de Deus (ambas as obras aínda inéditas).

En 1988 xubilouse e, xunto co seu alumno Pierre Deligne, recibiu o Premio Crafoord da Real Academia Sueca das Ciencias. A pesar da súa cuantiosa dotación económica, rexeitouno porque «dado o declive na ética científica, participar no xogo dos premios significa aprobar un espírito que me parece insán» e porque «a miña pensión é máis que suficiente para atender as miñas necesidades materiais e as dos que de min dependen».[12]

En 1990 trasladou a súa residencia á vila de Lasserre, Ariège, xunto aos Pireneos franceses, aceptando só o contacto humano directo cos seus máis achegados, conveciños e visitantes esporádicos, mentres prosegue as súas reflexións.

En xaneiro de 2010 enviou unha carta na que expresa claramente a súa vontade de que non se publiquen nin se difundan os seus escritos.[13]

Faleceu o 13 de novembro de 2014 no hospital Ariège Couserans de Saint-Girons.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]