Alexander Garrievich Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexander Garrievich Gordon
Alexander Gordon.jpg
Nacemento20 de febreiro de 1964
 Obninsk
NacionalidadeUnión Soviética, Rusia e Estados Unidos de América
Alma máterBoris Shchukin Theatre Institute
Ocupaciónxornalista, director de cinema, actor, presentador, presentador de televisión, locutor de radio, pedagogo, mestre e actor de televisión
PaiGarri Gordon
Cónxuxevalor descoñecido, Ekaterina Gordon, valor descoñecido, valor descoñecido e valor descoñecido
PremiosTEFI
editar datos en Wikidata ]

Alexander Garrievich Gordon, nado en Obnisk o 20 de febreiro de 1964, é un actor, xornalista e director de cine ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do escritor e pintor Garri Borisovich Gordon e da traballadora sanitaria Antonina Dmitrievna Strigi. Educado por súa nai e avoa[1] viviu ata os tres anos en Belousovo (óblast de Kaluga) e logo a familia instalouse en Moscova. En 1987 rematou os seus estudos de actuación no Instituto de Teatro Boris Shchukin[2] e logo traballou durante un ano na compañía Teatre Studii Ruben Simonov, creada en 1988 polo fillo de Simonov[3]. En 1989 marchou coa súa muller e filla para os Estados Unidos, traballou para Russian Television Network (RTN) [4] e dende 1992 traballou tamén na emisora de radio en lingua rusa WMNB. En 1993 creou a súa propia compañía, Wostok Entertainment e produciu e presentou entre 1994 e 1997 o programa New York, New York para a canle rusa TV-6 [5]. En 1997 volveu a Rusia, xa con dobre cidadanía, rusa e mais estadounidense[6], traballou no programa da TV-6 Chastnii sluchai, presentándoo entre marzo e decembro de 1997 e tamén dende 1997 presentou un programa de radio matinal na emisora de radio Silver Rain e logo entre 2001 e 2002 na canle de televisión M1[7]. Entre 1998 e 2000 presentou Sobranie zabluzhdenii, unha serie de filmes documentais de documentación histórica[8] e tamén presentou canda Vladimir Soloviev o programa de entrevistas Process (1999-2001) na ORT[9]. Entre 2001 e 2003, cun programa especial en abril de 2004, presentou o programa de entretemento científico Gordon na NTV [10] e na mesma canle pasou a presentar entre setembro de 2004 a xullo de 2005 o programa Stress. No outono de 2005 deixou a NTV e pasou á Canle Unha[11] e ata maio de 2006 presentou Gordon 2030[12]. En 2006 volveu ao seu antigo programa de radio matinal que presentou ata o outono de 2007. Dende 2007 e ata 2013 presentou o programa Zakritii pokaz[13], no que personalidades do mundo do cine e da televisión falaban do novo cine ruso[14][15]. De 2008 a 209 presentou o programa Gordon Juan en Silver Rain e na televisión de 2008 a 2010 Gordon Quixote[16]. En 2009 presentou Gordon v zasade na canle Ohota i ribalka. En 2012 presentou Grazhdanin Gordon. Con Peter Tolstoi presentou entre 2013 e 2014 o programa nocturno dedicado á política, Politica. Con Ekaterina Strizhenova presentou en 2013 Za i protiv e dende 2014 presenta con Iulia Baranovskaia Muzhskoye/Zhenskoye.

Como director o seu primeiro filme realizouno en 2002, Pastukh svoikh korov baseado nunha novela de seu pai, así como a súa segunda película, filmada en 2007 aínda que non o presentou ata 2011[17], Ogni pritona. De 2018 é Diadia Sasha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "В гостях у Александра Гордона. Пока все дома Пока все дома", 1tv.ru, 20 de novembro de 2011.
  2. " Галерея выпускников - 80-е годы" Arquivado 16 de maio de 2018 en Wayback Machine. htvs.ru
  3. Laurence Senelick (2007) Historical Dictionary of Russian Theater. Lanham:Scarecrow Press, p. 355
  4. "Шаг на экран: звёзды ТВ - о начале своей карьеры". The Hollywood Reporter. 21 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  5. "Александр Гордон разрушает стереотипы". delfi.lv. 11 de setembro de 2002. 
  6. "Alexander Gordon in Voronezh: “If a war starts, I will be the first to give up my American citizenship"".Voronezh, 22 de maio de 2015
  7. "Телеведущий Александр Гордон: «Когда телевизор выключен – это хорошо»". Новые известия. 10 de agosto de 2009. 
  8. "Буревестник по имени Гордон. Провокация как основополагающая идея политического мейнстрима". Новая газета. 29 de febreiro de 2012. 
  9. "Александр Гордон". Эхо Москвы. 17 de decembro de 2000. 
  10. "Александр ГОРДОН: "За "Стресс" я буду получать меньше денег, чем за ночную программу" - Известия". 2 de setembro de 2004. 
  11. "Звёздная смена". Профиль. 19 de setembro de 2005. 
  12. "Александр ГОРДОН: «Я СТОПУДОВО С КРЕМЛЁМ». Антилиберал выходит в эфир на Первом канале". Новая газета. 24 de outubro de 2005. 
  13. "Надоевшие медийные лица раскрываются по-другому". Время новостей. 7 de xullo de 2007-06-07. 
  14. "«Закрытый показ» закроют?". Литературная газета. 4 de setembro de 2013. 
  15. "Развлекать ТВ научилось отменно". Время новостей. 5 de xullo de 2007. 
  16. "Александр Гордон: «Я сею смуту и раздор»". Комсомольская правда. 27 de decembro de 2008. 
  17. Monastireva-Ansdell, Elena (2012). "Aleksandr Gordon: Brothel Lights (2011)". Kinocultura New Russian Cinema Nº 37