Aleksandr Baranov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexander Baranov")
Alexander Baranov.

Aleksander Andreevich Baranov (en ruso: Александр Андреевич Баранов), nado en Kargopol en 1746 e finado en Batavia en 1819, foi un explorador e comerciante ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baranov escapou da casa aos quince anos e converteuse nun comerciante de éxito en Irkutsk. Interesado na Rusia americana (agora Alasca) polo aumento do comercio nesa rexión, estableceuse alí. Entre 1799 e 1818 foi o director da Compañía Ruso-Americana, favoreceu a expansión rusa no Pacífico, internándose por California.

Preocupado polos nativos abriu escolas, pero entrou en conflito cos misioneiros ortodoxos, que frecuentemente denunciaban a explotación dos nativos polos comerciantes de peles. Morreu durante a viaxe que o levaba de volta á Rusia.