Alethea Arnaquq-Baril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alethea Arnaquq-Baril
Alethea Arnaquq-Baril in Toronto.jpg
Nacementoséculo XIX
 Iqaluit
Alma máterNova Scotia College of Art and Design
Ocupacióndirectora de cine
editar datos en Wikidata ]

Alethea Arnaquq-Baril é unha directora, produtora, guionista e animadora de cinema inuk. É dona de Unikkaat Studios, unha compañía de produción con sede en Iqaluit, que produce filmes en lingua inuktitut. Foi galardoada coa Cruz do Servizo Meritorio Canadense en 2017 en recoñecemento polo seu traballo como activista e directora. Tamén colabora co Proxecto Qanak, un proxecto social que apoia iniciativas de apoderamento dos inuit. empowerment initiatives.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
2018 The Grizzlies Produtora Baseada na historia real dun equipo de lacrosse creado para frear unha epidemia de suicidios entre a mocidade na comunidade de Kugluktuk, Nunavut, Canadá.
2016 Angry Inuk (documental) Produtora, directora e guionista Un filme documental que conta o papel da caza de focas na cultura inuit.
2015 The Embargo Project Produtora, directora e guionista Unha antoloxía de cinco curtametraxes dirixidas por cinco mulleres nativas directoras de cinema.
2014 Aviliaq: Entwined (curtametraxe) Produtora, guionista e directora Un drama ambientado na década de 1950 e que conta a historia de dúas inuit lesbianas que tentan permanecer xuntas logo de que unha delas case.
2011 Throat Song Produtora executiva Ambientado no ártico canadense, conta a historia dunha muller inuk atrapada nunha relación abusiva.
2010 Seven Sins: Sloth (curtametraxe) Directora e guionista Sátira animada sobre o pobo inuit.
2010 Tunnit: Retracing the Lines of Inuit Tattoos (documental) Produtora, directora e guionista Un fimle que conta a perda da tradición de tatuarse entre as mulleres inuit e que tenta recuperar esta arte esquecida.
2009 Lumaajuuq: The Blind Boy and the Loon (curtametraxe) Directora, guionista Unha adaptación da historia tradicional inuit que explica as orixes dos narvais e ilustra os perigos de buscar vinganza.
2009 The Experimental Eskimos Produtora
2008 James Houston: The Most Interesting Group of People You'll Ever Meet Produtora Un documental sobre a vida de James Houston.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]