Alessandro Pirzio Biroli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alessandro Pirzio Biroli
Alessandro Pirzio Biroli.jpg
Nacemento23 de xullo de 1877
 Campobasso
Falecemento20 de maio de 1962
 Roma
NacionalidadeItalia
Ocupaciónesgrimista, militar e político
PremiosMedalha de Ouro de Valor Militar
editar datos en Wikidata ]

Alessandro Pirzio Biroli, nado en Bologna o 23 de xullo de 1877 e finado en Roma o 20 de maio de 1962, foi un militar e tirador de esgrima italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pirzio cos seus compañeiros de equipo durante os Xogos Olímpicos de 1908

Procedente dunha afamada familia de exploradores e aventureiros, era un experto esgrimista, participando nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres, eliminado na primeira rolda nas probas de espada e sabre pero pola contra logrou a medalla de prata en sabre por equipos. No ano 1918 recibiu o mando como oficial comandante do 8º Rexemento de Bersaglieri e despois da 7ª Brigada de Bersaglieri. Entre 1921 e 1927 estivo a cargo da misión militar no Ecuador. Xeneral comandante da División Monte Nero de 1932 deica 1933 e do V Corpo Trieste de 1933 a 1935, participou na Guerra de Etiopía, como xeneral comandante dos Corpo Eritreo, ocupando Dessie, converténdose de seguida no gobernador de Amara do 1 de xuño de 1936 ao 15 de decembro de 1937.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O chetnik colaboracionista Pavle Đurišić durante un discurso, en segundo plano Pirzio como gobernador de Montenegro

Investido xeneral do 9º Exército en 1941, e pouco despois do Cuartel Xeneral Italiano en Albania, foi gobernador de Montenegro do 23 de xullo de 1941 ao 13 de xullo de 1943, aplicou unha política dura, remedando os métodos dos alemáns ordenando que por cada militar italiano morto habían ser fusilados 50 reféns e polos feridos 10 reféns.[1] Recibiu de Hitler a Gran Cruz da Aguia Alemá con espada como máximo recoñecemento da súa espléndida cualidade militar e organizativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davide Conti, L'occupazione italiana dei Balcani. Crimini di guerra e mito della «brava gente» (1940-1943), Odradek, Roma 2008, pag. 129