Alessandra Perilli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandra Perilli
Nacemento1 de abril de 1988
Lugar de nacementoRimini
NacionalidadeSan Marino
Ocupacióntiradora
Na rede
Olympic.org: alessandra-perilli Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alessandra Perilli, nada en Rimini o 1 de abril de 1988, é unha tiradora deportiva sanmarinesa, que compite na modalidade de tiro ao prato. É a primeira deportista da historia en conseguir unha medalla olímpica representando a San Marino, converténdose no país máis pequeno do mundo en conseguir un metal olímpico.

Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, entre os anos 2012 e 2020, obtendo dúas medallas en Toquio 2020, prata no foxo mixto (xunto con Gian Marco Berti) e bronce na proba de foxo individual, e o cuarto lugar en Londres 2012.[1]

As súas medalla de prata e bronce significan as primeiras de San Marino en toda a súa historia, e o país máis pequeno en conseguir unha medalla.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Alessandra Perilli». Base de datos da ISSF (en inglés).
  2. "El país más pequeño del mundo «San Marino», hace historia al ganar medalla de bronce en Tokio 2020". Ahora Noticias (en castelán). 29 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2021. Consultado o 1 de agosot de 2021.