Alentexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alentexo - Alentejo")
Região do Alentejo
Localización do Alentexo

A Rexión do Alentexo[1][2] é unha rexión (NUTS II) portuguesa, que comprende integramente os distritos de Portalegre, Évora e Beja, e as metades sur dos distritos de Setúbal e de Santarém. Limita ao norte coa Rexión Centro, ao noroeste coa Rexión de Lisboa, ao leste con España, ao sur co Algarve e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue un área de 31.152 km² (o 33% do territorio continental portugués) e ten unha poboación de 770.265 habitantes (o 8% da poboación continental portuguesa). Comprende 5 subrexións estatísticas (NUTS III):

O Alentexo comprende 58 concellos (18,8% do total portugués).

A división actual non coincide coa antiga rexión tradicional do Alentexo (que non constituía unha provincia por si, aínda que o Alentexo era considerado como a unión das dúas provincias do Alto e Baixo Alentejo), a cal era lixeiramente menor que a actual: incluía apenas os distritos de Évora e Beja (na súa totalidade), case todo o distrito de Portalegre (agás o concello de Ponte de Sôr, que formaba parte do Ribatexo), e a metade sur do de Setúbal (os concellos dese distrito que forman parte da actual rexión do Alentexo Litoral, a saber: Alcácer do Sal, Grândola, Santiago do Cacém e Sines).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Alentexo é unha rexión cun relevo baixo, formada por solos ácidos, e cun clima mediterráneo con influencia oceánica. Nas súas devesas crecen a meirande parte das sobreiras de Portugal, que fan deste país o primeiro produtor mundial de cortiza con preto do 50% da produción total[Cómpre referencia]. Tamén foi a última rexión portuguesa na que viviu o lince ibérico.

As súas costas están pouco urbanizadas a causa do forte vento que vén do océano, o cal favorece a formación de grandes sistemas dunares.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para alentexano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]