Aleksinac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAleksinac
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°32′18″N 21°42′17″L / 43.5383, 21.7047Coordenadas: 43°32′18″N 21°42′17″L / 43.5383, 21.7047
EstadoSerbia
Distritos da Sérvia (pt) TraducirDistrito de Nisava (pt) Traducir
Município da Sérvia (pt) TraducirAleksinac Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Superficie707 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude257 m Editar o valor em Wikidata
Creación1836 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal18220 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Patras
Lavrio (en) Traducir
Vyronas (pt) Traducir
Hisarja (pt) Traducir
Aiani (en) Traducir
Zagorje ob Savi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sitio webaleksinac.org Editar o valor em Wikidata

Aleksinac (en serbio: Алексинац) é unha vila e concello localizado no distrito Nišava de Serbia. Segundo o censo de 2011, a cidade tiña unha poboación de 16 420 habitantes, mentres o concello ten 51 462.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome da cidade deriva do nome Aleksandar. No serbio estándar, Aleksinac pronúnciase marcando a primeira sílaba, mais no dialecto local tende a pronunciarse marcando a segunda sílaba.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria e Antigüidade[editar | editar a fonte]

O territorio do actual concello de Aleksinac está habitado desde o período neolítico. A maior parte dos xacementos da zona pertence ao grupo cultural vinča e sitúanse no oeste do río Morava meridional.

Despois da caída dos romanos o territorio quedou incluído na incluído na provincia da Mesia Superior e tras o ano 293 na provincia mediterránea de  Dacia. No século I construíuse unha estrada militar romana (a Vía Militaris) ao longo do territorio. Había tamén dúas estacións para o descanso (mansio) e o cambio de cabalos (mutatio) ao longo da estrada no territorio de Aleksinac: Praesidium Pompei e Rappiana. Descoñécese a súa localización. Tamén se sabe da existencia dalgunhas fortalezas (castell), mais non se saben os seus nomes, agás Castell Milareca no monte Gradiste (228 m).

Idade Media[editar | editar a fonte]

A partir do ano 476 caeu baixo o dominio bizantino. Hai evidencias de asentamentos desa época, con todo os seus nomes aínda son descoñecidos.

Durante os reinados dos emperadores Focas (602-610) e Heraclio (610-641) os pobos eslavos habitaban a península balcánica. En 614 arrasaron Niš. Os cruzados das primeiras catro cruzadas utilizaron a Via Militaris para chegaren a Constantinopla, pasando polo territorio de Aleksinac.

Durante o reinado da dinastía Nemanjić o territorio estivo baixo o control directo do estado. Dúas cidades medievais, Bolvan e Lipovac, datan desde este período.

Goberno otomán[editar | editar a fonte]

Século XIX

Aleksinac aparece mencionada por vez primeira en 1516 na  "Kruševački Tefter", unha lista de asentamentos e residentes feita polos turcos para recadar, a fins do século XVI desenvolveuse ata se converter nunha vila. 

A mediados do século XVII era unha gran vila con máis de 100 comercios grazas á súa localización estratéxica na estrada a  Istambul, converténdose unha importantes estación de para os comerciantes e viaxeiros, mesmo os turcos construíron unha fortaleza para protexela dos foraxidos en 1616 . Durante a Gran Guerra Turca  (1683–1699) detívose o desenvolvemento de Aleksinac, que o exército austríaco conquistou dirixido polo xeneral Ludwig de Baden, e máis tarde os soldados de Jegen-Osman Pasha queimaron a vila. Os habitantes de Aleksinac, serbios, migraron á monarquía dos Habsburgo cos doutras localidades, o que se coñece como Gran Migración Serbia, algúns deles asentáronse en Buda. Aleksinac quedou destruída outra vez polo lume durante a segunda Guerra Austro-Turca (1716–1718) cando o gran visir Hallil Pasha foi derrotado debaixo das murallas de Belgrado. Na súa retirada queimou tódolos asentamentos camiño de Niš.

Despois da terceira Guerra Austro-Turca (1737–1739) Aleksinac desenvolveuse como un centro comercial e manufactureiro. Moitas caravanas pasaban pola localidade intercambiando mercadorías de todo o   Imperi Otomán e da Europa central. Converteuse ao mesmo tempo no centro do condado de Aleksinac que en 1784 consistía en 17 asentamentos. Había 160 casas en Aleksinac naquel tempo: 120 cristiás e 40 turcas.

Despois da cuarta Guerra Austro-Turca (1787–1791) unha vez máis os turcos queimaron Aleksinac, desta volta dirixidos por Osman Pazvantoğlu.

Época moderna[editar | editar a fonte]

Aleksinac e a súa contorna uníronse no Primeiro Levantamento Serbio en xaneiro de 1806. As aldeas da beira dereita do Morava meridional liberounas o exército de Petar Dobrnjac. Os asentamentos da beira esquerda liberáronos Mladen Milovanović e Stanoje Glavaš. En decembro de 1806 en Deligrad, no concello de Aleksinac, os serbios gañaron unha decisiva batalla.

Despois do fracaso do levantamento, Aleksinac quedou baixo o goberno turco ata decembro de 1832 ao se converter en parte integral da Serbia do príncipe Miloš. Aleksinac transformouse no centro económico do do sueste  de Serbia e nun importante centro gobernamental, era amais o centro do condado e do tribunal condal. Na localidade abriuse a terceira  oficina de correos en Serbia (despois de Belgrado e Kragujevac) foi aberto en Aleksinac. Na época tamén se localizou aquí a  oficina de alfándega e a estación de corentena.

Entre 1929 e 1941, Aleksinac formaba parte da banovina de Morava do Reino de Iugoslavia.

Durante o bombardeo de Iugoslavia da OTAN de 1999 Aleksinac quedou seriamente danada.