Aleksandr Litvinenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Valterovich Litvinenko
Nacemento30 de agosto de 1962
Lugar de nacementoVoronezh, Unión Soviética Unión Soviética
Falecemento23 de novembro de 2006
Lugar de falecementoLondres, Reino Unido Reino Unido
Causaenvenenamento radioativo
Soterradocemiterio de Highgate
NacionalidadeRuso
RelixiónIslam
Alma mátersen etiquetar
OcupaciónEscritor e xornalista
CónxuxeMarina Litvinenko
Coñecido porOficial fuxitivo do servizo secreto ruso (KGB)
Na rede
IMDB: nm2469538 WikiTree: Литвине́нко-1 Find a Grave: 16758175 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Valterovich Litvinenko, nado o 30 de agosto de 1962 en Voronezh,[1][2] (4 de decembro segundo o seu pai) e finado o 23 de novembro do 2006 en Londres, foi un oficial fuxitivo do servizo secreto ruso (KGB), que se especializou en investigación do crime organizado.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En novembro de 1998, Litvinenko e outros oficiais da KGB acusaron publicamente aos seus superiores de ordenarlles o asasinato do magnate ruso Boris Berezovsky. Litvinenko foi arrestado en marzo do ano seguinte con cargos de exceder a autoridade do seu cargo. Foi liberado en novembro de 1999, pero arrestóuselle de novo e os cargos foron retirados novamente en 2000. Voou coa súa familia a Londres onde se lle outorgou asilo e traballou como xornalista, escritor e consultor dos servizos de intelixencia británica.

Durante a súa estancia en Londres, Litvinenko escribiu dous libros, Blowing Up Russia: Terror from Within e Lubyanka Criminal Group (Explotando Rusia: Terror desde dentro) e (Grupo Criminal Lubyanka), onde acusou aos servizos secretos rusos de colocar bombas en apartamentos rusos e doutros actos terroristas como un esforzo para facer chegar a Vladimir Putin ao poder. Tamén acusou a Putin de ordenar o asasinato da xornalista rusa Anna Politkovskaya en outubro de 2006.

Envelenamento e morte[editar | editar a fonte]

O 1 de novembro de 2006, Litvinenko enfermouse repentinamente e foi hospitalizado no que se estableceu como un caso de envelenamento radioactivo por polonio-210 que resultou na súa morte o 23 de novembro. Converteuse na primeira vítima letal de polonio por unha síndrome de radiación agudo.[4] Os eventos que levaron á súa morte son froito de controversia, levantando numerosas teorías en relación ao envelenamento. Unha investigación británica apuntaba a Andrey Lugovoy, un membro do Servizo Federal de Seguridade de Rusia, como o principal sospeitoso. Reino Unido demandou que Lugovoy fose extraditado, o cal está en contra da Constitución de Rusia, que claramente prohibe a extradición de cidadáns rusos sen entregar ao goberno ruso calquera evidencia relacionada co caso.[5] Rusia negou a extradición, levando a un arrefriado das relacións entre o Reino Unido e Rusia.

Despois da morte de Litvinenko, a súa viúva, Mariña, realizou unha vigorosa campaña a favor do seu esposo por medio da Fundación de Xustiza Litvinenko. En outubro de 2011, obtivo autorización para que se realizase unha investigación sobre a morte do seu esposo, que sería levada a cabo por un coronel en Londres, a cal foi atrasada varias veces por problemas relacionados á evidencia.[6] Unha investigación pública comezou o 27 de xaneiro de 2015.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penketh, Anne (25 de novembro de 2006).
  2. Russia Today (ed.). "Aleksandr Litvinenko". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2010. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  3. Вальтер Литвиненко: «Сегодня моему сыну исполнилось бы 44», Вальтер Александрович Литвиненко, 4 декабря 2006 г., ChechenPress
  4. Guinness World Records: First murder by radiation:
    On 23 November 2006, Lieutenant Colonel Alexander Litvinenko, a retired member of the Russian security services (FSB), died from radiation poisoning in London, UK, becoming the first known victim of lethal Polonium 210-induced acute radiation syndrome.
  5. Chapter 2.
  6. "Alexander Litvinenko: Government refuses calls for public inquiry into death". The Independent (Londres). 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  7. "Alexander Litvinenko murder inquiry opens in high court". The Guardian. 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]