Aleksandr Kaleri
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de maio de 1956 Jūrmala, Letonia |
| Educación | Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova (–1979) |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeiro, profesor universitario, astronauta, enxeñeiro de voo |
| Empregador | Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova |
| Carreira militar | |
| Rango militar | comandante |
| Tempo no espazo | 2 anos, 38 días, 18 horas, 58 minutos e 36 segundos |
| Actividade extravehicular | 5 (1 día, 1 hora e 46 minutos) |
| Misión do astronauta | Soiuz TMA-01M |
| Premios | |
| |
Aleksandr Iuriievich "Sasha" Kaleri, nado en Jūrmala (Letonia), o 13 de maio de 1956, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-24, Soiuz TM-30, Soiuz TM-3 e Soiuz TMA-01M e foi membro das expedicións 8, 25 e 26 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kaleri graduouse en dinámica de voo en 1979 no Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova. En 1983 completou o seu traballo de posgrao no mesmo instituto, especializándose en mecánica de líquidos, gas e plasma[1][2]
Foi seleccionado como cosmonauta por RSC Energia en abril de 1984, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-24, Soiuz TM-30, Soiuz TM-3 e Soiuz TMA-01M e nas expedicións 8, 25 e 26 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 769,28 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Kaleri, Aleksandr Yuriyevich" (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 ESA (ed.). "Aleksandr Kaleri" (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Kaleri |