Aleksandr Aleksandrovich Volkov
Aparencia
Aleksandr Aleksandrovich Volkov, nado en Gorlovka (Donetsk) o 27 de abril de 1948, é un cosmonauta soviético retirado que formou parte das misións Soiuz T-14, Soiuz TM-7 e Soiuz TM-13.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Volkov graduouse na Academia Militar de Moscova en 1991. Adestrou para ser cosmonauta entre agosto de 1976 e xaneiro de 1979. Participou nas misións Soiuz T-14, Soiuz TM-7 e Soiuz TM-13, pasando 391,49 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2022). "Volkov, Aleksandr Aleksandrovich" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2022.
- 1 2 Starmus, ed. (2016). "Alexander Volkov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2021. Consultado o 27 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Aleksandrovich Volkov |
