Aleksander Bursche
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de febreiro de 1956 Varsovia, Polonia. |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de Varsovia. |
| Director de tese | Jerzy Kolendo |
| Q89547790 | Estudos de numismática do Imperio Romano. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática e historiografía. |
| Ocupación | arqueólogo, numismático, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Varsovia. |
| Membro de | |
| Interesado en | Numismática |
| Obra | |
| Doutorando | Roksana Chowaniec e Renata Ciołek |
| Premios | |
| 2014: Cabaleiro da Orde Polonia Restituta. 2023: Premio da GIG. | |
Lista
| |
Aleksander Bursche, nado en Varsovia o 11 de febreiro de 1956,[1] é un numismático e arqueólogo polaco, profesor na Universidade de Varsovia.[2]
As súas investigacións e as súas publicacións céntranse nas emisións monetarias do Imperio Romano, sinaladamente durante o período de migración dos pobos bárbaros.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bursche cursou os seus estudos superiores de Arqueoloxía na Universidade de Varsovia, onde obtivo o mestrado en 1980, e posteriormente o seu doutoramento en 1988.[1][3][4]
Desde 1980 está vinculado ao Instituto de Arqueoloxía desta universidade, do que foi vicedirector entre 1991 e 1992. Entre este último ano e 1994, Bursche realizou unha estadía formativa de dous anos no departamento de Historia de Grecia e Roma da Universidade de Frankfurt, coordinado pola profesora Maria Radnoti-Alföldi, seguida doutras de menor duración na Universidade Philipps de Marburgo (1995) e no Museo Ashmolean da Universidade de Oxford (1997). Finalmente, en 1999 logrou a acreditación docente para o Departamento de Historia da Universidade de Varsovia, onde é profesor titular desde 2000.[1][3][4]
Así mesmo, foi profesor visitante en institucións académicas como a Academia Americana en Roma (2000), a Universidade de Kiel (2002), o Instituto para o Estudo do Mundo Antigo da Universidade de Nova York (2015) ou a American Numismatic Society (2015).[1][3][4]
No ámbito editorial, de 1990 e 1998 foi asesor editorial da revista Antiquity, publicada en Cambridge, encargado da sección de Europa Central; nesta revista foi tamén o editor especial da sección dedicada a Polonia en setembro de 1991. Do mesmo xeito, entre 1993 e 1994 foi asesor editorial da publicación Annotazioni Numismatiche, editada en Milán. Tamén é membro do comité científico de diversas publicacións, como Journal of Archaeological Numismatics (Bruxelas), Notae Numismaticae (Cracovia) ou Journal of Ancient History and Archaeology (Cluj-Napoca).[1][3][4]

Aleksander Bursche foi cofundador e coorganizador dos Festivais Arqueolóxicos de Biskupin. El creou as exposicións arqueolóxicas itinerantes coñecidas como Tsunami bárbaro. O período de migración dos pobos nas cuncas do Oder e do Vístula", que se realizaron entre 2017 e 2020.[5][6]
Bursche participou en máis dunha vintena de expedicións arqueolóxicas, non só en Polonia senón tamén noutros países, como é o caso de Hayling Island (Reino Unido), Öland (Suecia) e Acrai (Sicilia).[1] Igualmente, dorixiu unha misión arqueolóxica á necrópole da cultura de Wielbark, no municipio polaco de Pasłęk.
Aleksander Bursche é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e da Asociación Europea de Arqueoloxía Experimental.[1][4] Desde 2015 é membro do comité de dirección do Consello Internacional de Numismática;[7] nesta entidade foi o organizador do XVI Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en 2022 en Varsovia.[3][8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]
- 1997: Premio Gawroński ao mellor libro sobre numismática editado en Polonia en 1995-1996.[1]
- 1997: Premio Clio, primeira clase, outorgado polo reitor da Universidade de Varsovia.[1]
- 2000: Premio Gawroński ao mellor libro sobre numismática editado en Polonia en 1998-1999.[1]
- 2000: Premio Clio, primeira clase.[1]
- 2008: Premio Brązowy Laur Masłomęcki, do municipio de Hrubieszów.
- 2012: Premio Clio, segunda clase.[1]
- 2014: Cabaleiro da Orde Polonia Restituta, outorgado pola presidencia da República de Polonia.[1][3][4][9]
- 2014: Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society, de Londres.[3][10]
- 2023: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1996). Later Roman-barbarian Contacts in Central Europe, Numismatic Evidence. Gebr. Mann Verlag. ISBN 9783786119234
- (1998). Złote medaliony rzymskie w Barbaricum. Instytut Archeologii Uniwersytetu Warszawskiego. ISBN 9788387496067
- (2020). The Migration Period Between the Oder and the Vistula (con H. Hines e A. Zapolska). Brill Academic. ISBN 978-9004422407
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 "Aleksander Bursche: Curriculum Vitae". uw.academia.edu
- ↑ "Aleksander Bursche". Otworzksiazke.pl
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Bursche, Aleksander". En Coins Weekly. 5 de xullo de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Prof. dr hab. Aleksander Bursche". Migration Period between Odra and Vistula (mpov.uw.edu.pl).
- ↑ Barbarian tsunami Migration Period between the Odra and the Vistula. University of Warsaw. 2017. ISBN 978-83-63365-58-5
- ↑ "Barbarian tsunami. Migration Period between the Odra and the Vistula". Barbarzynskie-tsunami.muzeum.szczecin.pl
- ↑ "Committee of the INC. International Numismatic Council (INC-CIN.org).
- ↑ "Organising Committee". XVI International Numismatic Congress INC 2022 (INC2022.pl).
- ↑ "Odznaczenia państwowe". Uniwersytete Warszawski (uw.edu.pl).
- ↑ "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.
