Alejandro Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Fernández Álvarez
Nome completoAlejandro Fernández Álvarez
Nacemento30 de maio de 1976
Lugar de nacementoTarragona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónpoliticólogo, político e profesor universitario
Na rede
Facebook: alejandro.f.alvarez.3 Twitter: alejandroTGN Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Fernández Álvarez, nado en Tarragona o 30 de maio de 1976, é un político e politicólogo catalán, deputado no Congreso na Xª Lexistaltura e deputado no Parlamento catalán durante a XIª e XIIª lexislaturas. É presidente do Partido Popular Catalán dende o 10 de novembro de 2018 despois da renuncia de Xavier García Albiol.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Autónoma de Barcelona e fixo un máster en Comunicación Política pola mesma universidade. Foi profesor de Ciencia Política da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona entre 2004 e 2012.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Ingresou nas Novas Xeracións do Partido Popular en 1994.[2] En 1999, converteuse en asesor do PP no concello de Tarragona e, en 2003, foi elixido concelleiro.[3] Dende 2008 é o presidente provincial do seu partido e, dende, 2009 é o voceiro e candidato pola provincia.

Nas eleccións xerais de 2011, na Xª Lexislatura, conseguiu a acta de deputado como cabeza de lista do PP pola circunscrición electoral de Tarragona.[4] Nas eleccións municipais de 2015 repetiu como alcaldable do PP para Tarragona,[5] pero pasou de 7 a 4 concelleiros.[6] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 foi cabeza de lista do PP por Tarragona e foi elixido deputado[7] e dende o 22 de novembro de 2016 é o Portavoz do PP no Parlamento de Cataluña, en substitución de Enric Millo.[8]

Foi reelixido deputado tralas eleccións ao Parlamento de 2017 cunha apertada pugna polo escano correspondente na circunscrición Tarragona.[9] En outubro de 2018, converteuse no novo presidente do Partido Popular de Cataluña. Fernández foi o único candidato que presentara avais suficientes para ser proclamado, trala retirada do único competidor, Iván García, que alegou "falta de neutralidade, transparencia e garantías" no proceso electoral.[10]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021, foi o candidato do Partido Popular á Presidencia da Generalitat, conseguindo só 3 escanos en total, perdendo 1 con respecto ás eleccións anteriores.[11]

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Fernández preséntase a si mesmo como un «liberal conservador», e considera a Margaret Thatcher e a Ronald Reagan como referentes políticos.[9][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Europa Press (10 de novembro de 2018). "Alejandro Fernández, elegido presidente del PP catalán con el 97,1% de votos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  2. Regué, Júlia (10 de novembro de 2018). "Alejandro Fernández, un líder sin padrinos". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  3. Saumell, Octavi (22 de maio de 2017). "Un político de raza amante de la música y del ajedrez". diaridetarragona.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  4. "Fernández Álvarez, Alejandro". congreso.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  5. Hernández, Marisol (13 de febreiro de 2015). "El PP confirma a Cospedal, Herrera, Rudi y Diego como candidatos". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  6. Redacción. "Resultados electorales: Tarragona". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  7. "El PPC presenta un equipo renovado donde 6 de los 10 primeros candidatos son nuevas incorporaciones". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2015. Consultado o 9 de septiembre de 2015. 
  8. "Alejandro Fernández deja su cargo en Tarragona y será portavoz del PP en el Parlament". Diari de Tarragona. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 16 de diciembre de 2016. 
  9. 9,0 9,1 Gracia, Ana I. (14 de xaneiro de 2018). "Alejandro Fernández, un interino para la transición en el PP catalán". elespanol.com (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  10. Redacción (16 de outubro de 2018). "Alejandro Fernández, l'únic candidat a la presidència del PP català". tarragonadigital.com (en catalán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  11. "Resultados de las elecciones autonómicas de Cataluña 2021". lasprovincias.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  12. Serra Carné, Joan; Martí, Pep (20 de xaneiro de 2018). "Alejandro Fernández: «Tabàrnia és un advertiment al sobiranisme de no continuar pel camí de la divisió»". naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 17 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]