Alejandra Benítez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandra Benítez

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alejandra de Jesús Benítez Romero Editar o valor em Wikidata
7 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCaracas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUCV
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista , política , odontóloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPSUV Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalejandrabenitez.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: BenitezVEN Editar o valor em Wikidata


Alejandra Jhonay Benítez Romero, nada en Caracas, Venezuela, o 7 de xullo de 1980, é unha política, odontóloga, modelo e esgrimista olímpica venezolana.

Carreira[editar | editar a fonte]

Formación universitaria[editar | editar a fonte]

Obtivo o seu título de odontoloxía en 2006 na Universidade Central de Venezuela.

Modelo[editar | editar a fonte]

Alejandra Benítez foi modelo para varios xornais e revistas. Causou algunha polémica un posado semi-espida previo ao seu nomeamento como Ministra.[1]

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Durante a súa traxectoria deportiva obtivo numerosos títulos, entre os que destacan: Campioa do Mundo Júnior por Equipos Dijon- Francia 1999, Campionato do Mundo Júnior por Equipos, bronce en South Bend- EEUU. 2008, Subcampioa Panamericanos Sto. Domingo 2003 e Guadalaxara 2011. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, Pequín 2008[2] Londres 2012[3] e Río de Xaneiro 2016[4]

Participación política[editar | editar a fonte]

A. Benítez é membro activo do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) da Rexión Capital (Caracas/Dtto. Capital) onde traballou en diversas tarefas organizativas e formativas.

Benítez foi nomeada deputada suplente ante a Asemblea Nacional pola rexión capital até xaneiro de 2016.[5] O 21 de abril de 2013, o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anunciou na televisión nacional que Alejandra pasaría a ser xefa do Ministerio do Poder Popular para o Deporte.[6] rematando o seu mandato en xaneiro de 2014.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Alejandra é unha amante dos animais. A súa mascota Matheo, un can mini Yorkshire-Terrier aparecía nas súas redes sociais e perdeu a vida polo outro ataque doutro can en 2017.[7]

Traballo social[editar | editar a fonte]

A Fundación Benítez Ven [8][9] está presidida por A. Benítez e o seu principal obxectivo é axudar ás novas promesas deportivas e aos clubs e promover o deporte en colexios, comunidades, aldeas e zonas de escasos recursos de toda Venezuela, así como a través das doazóns recibidas de empresas públicas e privadas, e persoas físicas en Venezuela e fóra dela, favorecendo que os nenos e mozos sigan practicando deporte co préstamo e doazón de material de adestramento e competición.

Diversidade de xénero[editar | editar a fonte]

Alejandra Benítez é abertamente unha loitadora polos dereitos do colectivo LGBTI en Venezuela e está a favor do Matrimonio Igualitario ou entre persoas do mesmo sexo.[10]

Muller e Deporte[editar | editar a fonte]

Forma parte do Sindicato Nacional de Mulleres UNAMUJER do seu país e loita pola igualdade de condicións das mulleres no deporte.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ministra del Deporte de Maduro: Posó desnuda y causa revuelo en Venezuela". Guioteca.com ; Internacional (en castelán). 2013-04-23. Consultado o 2022-05-04. 
  2. (en inglés) Beijing 2008: Women's Individual sabre Sports Illustrated. Consultado o 24 de xuño de 2012
  3. «Alejandra Benítez y María Gabriela Martínez dirán presente en Londres 2012» El Universal. Consultado o 24 de xuño de 2012
  4. "Alejandra Benítez. Juegos Olímpicos de Río" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  5. «AN juramenta a la atleta olímpica Alejandra Benítez como diputada suplente (+video)» Arquivado 30 de decembro de 2017 en Wayback Machine. Noticias 24.com. Consultado o 24 de xuño de 2012
  6. Así luce la nueva ministra del Deporte (foto) Arquivado 15 de marzo de 2022 en Wayback Machine. Diario La Voz. Consultado el 21 de abril de 2013
  7. "Esta fue mi última fotico... - Alejandra Benitez Romero". www.facebook.com. Consultado o 2022-05-04. 
  8. "FundacionBenitezVen". www.instagram.com. Consultado o 2022-05-04. 
  9. "Fundación BenitezVen". www.facebook.com. Consultado o 2022-05-04. 
  10. "Mi Vida". www.alejandrabenitez.com. Consultado o 2022-05-04. 
  11. EDG, Redacción (2015-03-09). "Aprobada creación de Unamujer". El Diario de Guayana (en castelán). Consultado o 2022-05-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]