Aleida Guevara March

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleida Guevara March
FilleChé-2274 02.jpg
Nacemento24 de novembro de 1960
Lugar de nacementoA Habana
NacionalidadeCuba
Ocupaciónpediatra, médica e política
PaiChe Guevara
NaiAleida March
Na rede
IMDB: nm2066204 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleida Guevara, nada na Habana o 24 de novembro de 1960, é unha pediatra cubana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a maior dos catro fillos de Ernesto Che Guevara coa súa segunda muller, Aleida March. Ernesto Guevara tivo outra filla, Hilda Beatriz Guevara, nada en 1956, coa súa primeira muller, Hilda Gadea.

Aleida é doutora en medicina e especializada en pediatría. Traballa no Hospital para nenos William Soler da Habana, e é colaboradora do Centro de Estudios Che Guevara. Tamén exerceu en Angola, Ecuador e Nicaragua.

Así mesmo, é militante do Partido Comunista de Cuba. Na súa película Sicko, Michael Moore entrevístaa acerca da filosofía que sostén o sistema de saúde universal en Cuba.

Guevara foi unha militante dos dereitos humanos e de reducións de débeda soberana para nacións en desenvolvemento. É autora do libro Chávez, Venezuela y la nueva América Latina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]