Saltar ao contido

Alectoris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alectoris
 Nome taxon
    Alectoris
Johann Jakob Kaup 1829 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGalliformes
FamiliaPhasianidae
SubfamiliaPerdicinae
XéneroAlectoris Editar o valor en Wikidata
Kaup, 1829 Alectoris Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/08m44z Editar o valor en Wikidata
ITIS175907 Editar o valor en Wikidata
OTT51351 Editar o valor en Wikidata
CoLRP2 Editar o valor en Wikidata
EOL45510640 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Perdiz chucar (Alectoris chukar).
Perdiz grega (Alectoris graeca).

Alectoris é un xénero aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que se distribúen polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia ata o Tíbet e o leste da China.

Especies deste xénero foron introducidas en Norteamérica, Nova Zelandia e Hawai.

Características

[editar | editar a fonte]

Son aves non migratorias que habitan montes e lombeiros. Chocan ata 20 ovos nos seus niños e aliméntanse principalmente de sementes e dalgúns insectos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Alectoris deriva do grego antigo ἀλέκτωρ -ορος aléktōr, -oros, 'galo'.[2]

Na actualidade, segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense, dentro do xénero as sete especies seguintes:[1]

A perdiz común

[editar | editar a fonte]

Das especies mencionadas, a 'perdiz común',[3] ou 'perdiz rubia',[4] Alectoris rufa, é a máis codiciada no mundo cinexético pola súa rapidez de vo e dificultade para ser abatida. Considérase a raíña da caza menor polo que foi introducida noutros lugares fóra da súa área de distribución orixinal. Considérase unha especie autóctona da Península Ibérica, aínda que outras subespecies distribúense por outros lugares e illas do continente europeo.

A perdiz común mide uns 34 cm de lonxitude. Posúe plumas pardovermellas coa gorxa branca e franxas escuras na parte superior do peito. As patas e o peteiro son vermellos. Viven en lugares rochosos, terreos secos e monte baixo de España, Portugal, Francia, sur do Reino Unido, Illas Baleares, Córsega e nalgúns lugares de Italia.

A alteración do seu hábitat pola construción de infraestruturas e actividades humanas, a presión cinexética excesiva e incontrolada e a alteración xenética pola mestura de especies entre as poboacións silvestres con perdices de granxa máis "mansas", convertérona nunha especie vulnerable.

Dentro esta especie recoñecense as seguintes subespecies:

  • A. rufa hispánica (noroeste peninsular)
  • A. r. intercedens (leste e sur peninsular)
  • A. r. australis (Canarias)
  • A. r. laubmani (Baleares)
  • A. r. rufa (Francia)
  • A. r. madereinsis (Madeira)
  • A. r. corsa (Córsega)
  1. 1 2 Alectoris Kaup, 1829 no ITIS.
  2. Alectoris no Merriam-Webster Unabiged Dictionary.
  3. perdiz no Dicionario da RAG.
  4. Penas Patiño, Xose M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Madge, Steve; McGowan, Philip J. K. & Kirwan, Guy M. (2002): Pheasants, partidges and grouse: a guide to the pheasants, partridges, quails, grouse, guineafowl, buttonquails and sandgrouse of the world. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-3966-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Alectoris na ADW.
  • Alectoris, en Pheasants, partridges, francolins. Na IOC World Bird List (version 8.2, 2019. (Lista de aves do mundo, do Congreso Ornitolóxico Internacional).