Saltar ao contido

Alcalde de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcalde de Lugo Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Lugo Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Organización dirixida
Localización
 Situado en
 Xurisdición
Wikidata

O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral[1] (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.

Eleccións municipais de 2023

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2023 presentáronse as seguintes candidaturas, das que só tres conseguiron representación na corporación.[2] Lara Méndez, do PSdeG-PSOE, foi escollida alaldesa cos votos do seu partido e do BNG.

Candidatura Votos Porcentaxe Concelleiros Corporación

anterior

Partido Popular (PP) 21.459 43,59% 12 10
Partidos dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) 13.641 27,71% 8 8
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 9.810 19,93% 5 5
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) 1.349 2,74% 0 2
Vox (VOX) 1.141 2,32% 0 0
Podemos-Esquerda Unida (PODEMOS-EU-AV) 713 1,45% 0 0
Contamos-Galicia Sempre-Partido Galego (CONTAMOS Ga.S GLG) 389 0,79% 0 0
Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) 160 0,33% 0 0

A actual corporación municipal lucense está composta por 25 concelleiros e o alcalde da cidade, dende 2025, é Miguel Fernández Méndez do PSdeG-PSOE. Paula Alvarellos accedeu á alcaldía cando Lara Méndez renunciou á acta de concelleira para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia.[3] Alvarellos faleceu en mazo de 2025 e foi sucedida na alcaldía polo actual rexidor.

  1. "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General" (PDF). boe.es (en castelán). 19 de xuño de 1985. pp. 68–69. Consultado o 21 de agosto de 2020.
  2. "Mapa Electoral". infoelectoral.interior.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.
  3. Redacción (12 de xaneiro de 2024). "Lara Méndez deixa oficialmente a Alcaldía de Lugo: "Marcho orgullosa"". Nós Diario. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]