Alboíno de Spoleto
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VIII |
| Morte | 758 |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Spoleto (757–758) |
Alboíno de Spoleto foi duque de Spoleto á morte de Ratchis de Friúl o 757, por elección da nobreza local.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O rei Desiderio dos longobardos non aprobou a elección. Seguindo indicacións da Papa, Alboíno declarouse feudatario do rei dos francos. O 758, Desiderio invadiu o ducado, ocupou a capital e fixo prisioneiro a Alboíno. O seu aliado Liutprando de Benevento, que estaba en situación similar, puido fuxir e Benevento foi tamén ocupada. Desiderio acadou persoalmente o título de duque de Spoleto.