Albino Gómez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlbino Gómez Rodríguez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata (107/108 anos)
Mugueimes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Albino Gómez Rodríguez, coñecido como Albino e Moreiras, nado en Mugueimes (Muíños) cara a 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi detido en setembro de 1934 co seu irmán Ramón e Francisco López acusados de roubo.[1] Volveu ser detido en decembro de 1935 acusado de rapto.[2] Foi detido novamente en marzo de 1936 con Juan Rodríguez González e Gumersindo Rodríguez, acusados de roubo.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 comandou un grupo formado por labregos de Muíños e Lobios e represaliados portugueses na zona occidental de Ourense que tiña como lugartenente a Gumersindo Fernández Incógnito. Dende 1946 o grupo integrouse da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia logo da reorganización de Samuel Mayo Méndez. A súa compañeira Paquita Carballo tamén o acompañou na guerrilla. O grupo realizou ataques en Regada, Vila e Gustomeao (Lobios) e refuxiábase moitas veces en Portugal. Foi detido en Portugal a mediados de 1947 e os membros do seu grupo foron capturados ao mesmo tempo pola Garda Civil de Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 15-9-1934, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 3-12-1935, p. 13.
  3. El Pueblo Gallego, 11-3-1936, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]