Alberto Mediavilla Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Mediavilla Martínez
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor em Wikidata (101/102 anos)
As Figueiras, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadeo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario Editar o valor em Wikidata

Alberto Mediavilla Martínez, nado nas Figueiras (Castropol) en 1922, foi un veterinario e político asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veterinario e director do Instituto Laboral de Ribadeo. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende 1941. Presidente da Hermandad de Labradores y Ganaderos de Ribadeo e delegado local de organizacións do Movimiento. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en febreiro de 1964.[1] Dimitiu do cargo en xullo de 1966.[2]

En 1962, foi nomeado director do Centro de Ensinanza Media e Profesional de Ribadeo[3] e posteriormente, pasou a ser catedrático do Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel de Madrid e catedrático de Bioloxía da Universidade de Oviedo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Creouse o premio Fin de Carreira da Diplomatura en Maxisterio en Educación Especial Alberto Mediavilla Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 28-2-1964, p. 7.
  2. El Progreso, 20-7-1966, p. 7.
  3. "Orden de 20 de octubre de 1962 por la que se nombra Director del Centro de Enseñanza Media y Profesional de Ribadeo al Profesor del mismo don Alberto Mediavilla Martínez" (PDF). boe.es (en castelán). BOE 264. 3 de novembro de 1962. p. 15615. Consultado o 12 de abril de 2023. 


Predecesor:
Francisco Maseda García
 
Alcalde de Ribadeo
 
1964 - 1966
Sucesor:
Enrique de la Cuétara González de Regueral