Alberto López Jiménez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1995 (29 anos) Granada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alberto López Jiménez, nado en Granada o 27 de maio de 1995, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Málaga., na que ingresou aos 15 anos [1] Na tempada 2013/14 debutou co Atlético Malagueño na Tercera División, asentándose rapidamente na titularidade. Disputou preto dun cento de partidos co filial, do que foi capitán durante a tempada 2015/16.
En xullo de 2016 foi cedido ao Mallorca, da Segunda División.[2] Aínda que contaba con ficha do filial, chegou para xogar no primeiro equipo e competir pola titularidade do lateral dereito con Joan Oriol.[3] Con todo, non entrou nos plans do adestrador galego Fernando Vázquez, polo que non chegou a debutar co cadro principal, disputando pola contra dous partidos co Mallorca B na Segunda División B.[3] No mercado invernal deixou as Illas Baleares e foi cedido ao Real Murcia, tamén de Segunda B.[4]
Xogou só dous encontros co conxunto murciano antes de regresar ao Atlético Malagueño ao final da tempada. No filial do Málaga recuperou a titularidade, conseguindo o ascenso á Segunda B, e o 13 de maio de 2018 debutou co primeiro equipo na Primeira División. Foi na penúltima xornada de liga fronte ao Espanyol, encontro no que substituíu ao descanso ao seu compañeiro Diego González.[5] Continuou sendo un habitual do once titular do filial durante a tempada 2018/19, na que o equipo perdeu a categoría.
Entre 2019 e 2021 militou no Recreativo Granada, na Segunda División B, e a continuación xogou outros dous anos no Murcia, co que conseguiu un ascenso da Segunda RFEF á Primeira RFEF.[6] En xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, tamén na Primeira Diivisión RFEF.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alberto López, un lateral zurdo al servicio de Vázquez y de Olaizola" (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Youth player, Alberto López loaned out to RCD Mallorca" (en inglés). 19 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 "El enigma Alberto López" (en castelán). 10 de novembro de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Alberto López, el último hombre del Real Murcia 2016/2017" (en castelán). 31 de xaneiro 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2024. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ Torres, M. Carmen (13 de maio de 2018). "Festival goleador del Espanyol". Marca (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "La mitad de la plantilla del Real Murcia, con contrato en vigor" (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Alberto López, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 13 de marzo de 2024.