Alberto Fernández Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Fernández Martínez
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
A Mezquita, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMezquita Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Fernández Martínez, coñecido como Mezquita, nado na Mezquita en 1898 e finado en Caracas en xaneiro de 1968, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sindicalista e militante do grupo troskista Izquierda Comunista de España, que despois se integrou no POUM. Mozo de Maruxa Mallo, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeunos nas Misións Pedagóxicas en Ourense. Fuxiron cara Portugal, pero mentres Maruxa embarcou cara a Buenos Aires, Mezquita procurou acubillo na casa-consulado de Gabriela Mistral, a cónsul chilena. Agardou pola documentación e un barco que lle permitira fuxir de Portugal. Intentou ir a Venezuela pola relación de amizade co futuro presidente e escritor Rómulo Gallegos, en Beluso. Foi secuestrado pola P.I.D.E. e entregado ás autoridades franquistas. Grazas á intervención da diplomacia uruguaia por medio do embaixador Carlos Gurméndez e do seu curmán, o xornalista Augusto Assía, salvou a vida. Fuxiu a Venezuela nos anos 40 pola amizade co político Gonzalo Barrios. Detido logo da caída de Rómulo Gallegos en 1948, exiliouse en Cuba, onde coñeceu a Simón Alberto Consalvi Bottaro. Volveu a Venezuela en 1958 e cando Consalvi foi nomeado embaixador de Venezuela en Belgrado, levou a Alberto Fernández como secretario da Embaixada. Finou en Caracas en xaneiro de 1968.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 31-1-1968, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]