Alberto Casero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Casero
Nacemento15 de novembro de 1978
 Cáceres
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Estremadura
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Alberto Casero Ávila, nado en Cáceres o 15 de novembro de 1978, é un político estremeño do Partido Popular, alcalde de Trujillo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito pola Universidade de Estremadura. Militou dende os dezaoito anos nas Novas Xeracións do Partido Popular. En 2001 a militancia elixiuno presidente provincial da organización en Cáceres, posto que mativo ata 2006 e asemade foi membro da súa executiva nacional.

En 2003 converteuse no deputado máis novo da Asemblea de Estremadura, e pouco despois tamén asumiu a vicesecretaría xeral do PP na provincia de Cáceres, alén de ser membro da dirección do Partido Popular de Estremadura. Dende 2007 é secretario xeral do Partido Popular da provincia de Cáceres, e ao tempo presidente da agrupación local de Cáceres, que xa viña exercendo dende 2005.

En xuño de 2011 accedeu á alcaldía de Trujillo tras gañar o seu partido as eleccións locais co 64,68% dos votos, unha maioría absoluta que revalidou en 2015 co 54,87%.[1][2]

Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixido senador pola provincia de Cáceres, cargo que compatibilizou co de alcalde. Nas eleccións xerais de 2019 encabezou a lista ao Congreso dos Deputados polo Partido Popular na provincia de Cáceres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Extremadura, El Periódico. "Alberto Casero vuelve a ser reelegido alcalde de Trujillo". El Periódico Extremadura (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  2. "Resultados Electorales en Trujillo: Elecciones municipales 2015 en EL PAÍS". Consultado o 17 de xuño de 2015.