Alberto Acosta Espinosa
Alberto Acosta Espinosa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xullo de 1948 |
Lugar de nacemento | Quito |
Nacionalidade | Ecuador e Colombia |
Alma máter | Universidade de Colonia |
Ocupación | economista e profesor universitario |
Premios | Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alberto José Acosta Espinosa, nado en Quito o 21 de xullo de 1948, é un economista e político ecuatoriano de esquerda. Acosta ao longo da súa carreira mantivo un perfil intelectual de esquerda, simpatizando co marxismo, o movemento antiglobalización e o antimineiro.
Foi un dos redactores do plan de goberno de Alianza PAIS,[1] que procura instaurar gradualmente un estado socialista en Ecuador. Posteriormente foi Ministro de Enerxía e Minas, e logo presidente da Asemblea Nacional Constituínte, cargo do que se retirou por loitas de poder no seo do seu partido.[2] Actualmente non forma parte do goberno de Rafael Correa a pesar de ser un dos principais ideólogos da Revolución Cidadá, volveuse un crítico frontal do goberno de Ecuador, do presidente Rafael Correa, o Yasuní ITT e en xaneiro do 2011 mostrouse claramente contrario á eventual consulta popular convocada polo primeiro mandatario, pois ditas reformas, que ao seu xuízo son anticonstitucionais e atentan contra o proxecto orixinal da Revolución Cidadá.
Foi candidato á presidencia de Ecuador nas eleccións de 2013 pola Unidade Plurinacional das Esquerdas, unha coalición de partidos políticos e movementos sociais de extrema esquerda, e socialistas en oposición ao goberno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduouse en Economía Industrial (Diplom-Betriebswirt), especialidade en Comercio Exterior e Mercadeo e diplomouse en Economía (Diplom-Volkswirt), especialidade de economía enerxética pola Universidade de Colonia, Alemaña.
Antes de ser nomeado ministro de Enerxía e Minas de Ecuador, exerceu como investigador do Instituto Latinoamericano de Investigacións Sociais (ILDIS). É un dos co-autores e coordinadores do libro Asedios a lo Imposible: Propuestas Económicas en Construcción, xunto a Rafael Correa, Fander Falconí, Jeannette Sánchez, Pedro Páez Pérez, e outros autores.[3]
Tralo seu paso pola Asemblea Constituínte que redactou unha nova constitución no país, volveu á vida académica, á súa cátedra en FLACSO, á publicación de libros como “La Maldición de la Abundancia” nos que expón a súa posición anti-extractivista, en contra da minaría e explotación petroleira en Ecuador.
É sobriño-neto do 5 veces presidente José María Velasco Ibarra e ten familiares que pertencen ao sector banqueiro do país, pola familia de Jaime Acosta Velasco.
Vida política[editar | editar a fonte]
Foi un dos fundadores do partido indixenista Pachakutik en 1995. Foi elixido como asembleísta nacional en 2007, polo partido de goberno, Movemento PAIS. Ao ser o asembleísta coa maior votación, foi elixido presidente da Asemblea Nacional Constituínte.Ditou conferencias en varios países, explicando a Constitución que defende a natureza (esa posición foi xustamente a que causou os primeiros rozamentos co réxime ao que servía).[4]
Proclamou a necesidade do diálogo e o consenso. Esa característica foi, precisamente, a que terminou por marxinalo da Presidencia da Asemblea, a mediados de 2008: cumpríase o prazo para rematar de escribir ese texto, e Acosta seguía empuxando diálogos con distintos sectores sociais para completar o texto. Ao final de contas, moito do contido constitucional final foi escrito na sede do goberno, o Palacio de Carondelet, cando el deu un paso a un lado.
O 24 de xuño de 2008 presentou a súa renuncia irrevogable á Presidencia da Asemblea, ante presións do goberno e do buró político do Movemento PAIS, e por diferenzas en certos temas co goberno de Rafael Correa. Algúns temas mencionados foron: a extensión do período de sesións da Asemblea máis aló do tempo para a que foi convocada; a concesión da amnistía ao expresidente Gustavo Noboa (elixido como Vicepresidente xunto a Jamil Mahuad polo partido demócrata cristián); a posibilidade de que as comunidades afectadas poidan participar no proceso de concesión dos recursos mineiros e petroleiros, e en xeral, a condución democrática do proceso de elaboración da nova Constitución de Ecuador.
Obras[editar | editar a fonte]
- El Buen Vivir. Sumak Kawsay, una oportunidad para imaginar otros mundo (Icaria editorial, Barcelona, 2013. [1] ISBN 9788498884753)
- Un Estado, muchos pueblos. La construcción de la plurinacionalidad en Bolivia y Ecuador (Icaria editorial, Barcelona, 2012. [2] ISBN 9788498884159).
- Colonialismos del siglo XXI. Negocios extractivos y defensa del territorio en América xunto con Eduardo Gudynas, François Houtart, Henry Ramírez Soler, Joan Martínez Alier e Luis Macas (Icaria editorial, Barcelona, 2011. [3] ISBN 788498883435).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Plan de Gobierno Alianza País 2007 - 2011
- ↑ Diario “Hoy”: Binomios 2013. Unidad Plurinacional de izquierdas: Alberto Acosta Marcia Caicedo. Quito, 15 de decembro de 2012
- ↑ "Acosta Espinosa, Alberto - Correa, Rafael - Falconí, Fander - Sánchez, Jeannette - Páez Pérez, Pedro - y otros autores: Asedios a lo imposible - Propuestas económicas en construcción" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de maio de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2012.
- ↑ Revista "Vistazo": El radical tolerante
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Acosta Espinosa ![]() |