Alberto Camino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alberte Camino Sigüer»)
Alberto Camino
Nacemento1 de novembro de 1821
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento2 de marzo de 1861
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
IrmánsAntonio Camino e Domingo Camino
Na rede
Galiciana: 63270
editar datos en Wikidata ]

Alberto Camino Sigüert, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821[1] e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[2]

Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Idólatra de Galicia, El Porvenir, La Aurora de Galicia, El Águila, El Ferrolano, El Faro Marítimo, El Iris de Galicia, El Miño, La Voz de Galicia, Faro de Vigo; nos da emigración Follas Novas, La Tierra Gallega, Nova Galicia, Aires d’a Miña Terra, Correo de Galicia; e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte.[Cómpre referencia]

Destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]