Alberguería, A Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°18′23″N 7°01′58″O / 42.306436111111, -7.0327416666667

Vista do encoro de Prada.

Alberguería foi unha aldea e unha parroquia do concello da Veiga, asolagada en 1958 pola construción do encoro de Prada, do río Xares. No momento do asolagamento tiña 103 veciños e 536 habitantes[1]. A maioría destes marchou á emigración a Arxentina, Venezuela, Brasil, Francia, Alemaña, Suíza, o País Vasco e Cataluña e uns poucos desprazáronse a Ourense e Vigo. A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi reconstruída en 1959 na Veiga de Cascallá (Rubiá)[2]. Existe unha asociación cultural que traballa para a recuperación da memoria da comunidade[3].

Referencia histórica[editar | editar a fonte]

a placa indica en latín que a igrexa foi trasladada da Alberguería (A Veiga) debido á creación do encoro
Inscrición da igrexa da Veiga de Cascallá, Rubiá, trasladada da Alberguería

O Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar de Pascual Madoz (1846-1850)[4] recolle o lugar como Abergaría (p. 52) e Albergaría (p. 314) que identifica como "felig. en la prov. de Orense, part. jud. de Valdeorras, y ayunt. de Vega del Bollo"[5]. O artigo describe en detalle a vida da aldea na época con clima san, muíños fariñeiros, monte abundante, prados, terras de regadío, terras de secaño destinadas ao cultivo de cereais, e viñedo, que define “en general de buena calidad”. O núcleo reunía unhas 140 casas e outras 4 "separadas, al N. constituyen el barrio de Olleros" (seguramente Oleiros). Tiña unha escola "para niños y niñas en la que llegan a reunirse hasta 135 en algunas temporadas". Unha transcrición completa foi feita por Eulogio Diéguez Pérez (2009)[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Habitantes en 1958, en www.albergueria.es
  2. "Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.
  3. "Albergueria". Albergueria. Consultado o 17/08/2022. 
  4. Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar (Tomo I). Madrid: Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. 
  5. Denominación anterior da Veiga en español. Bollo fai referencia ao concello do Bolo que identificaba toda a comarca. Nesta mesma obra, nomean La Vega del Bollo (Tomo XV, p. 629) e Viana del Bollo (Tomo XVI, p. 12).
  6. Diéguez Pérez, Eulogio. "Alberguería en el diccionario Madoz". rioxares.blogspot.com. Consultado o 2022-08-17. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]