Alba Tomé
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de decembro de 1996 Vilagarcía |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora |
| Empregador | Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia |
| Premios | |
Alba Tomé Sueiro, tamén coñecida como Alba Tomé, nada en Vilagarcía de Arousa o 19 de decembro de 1996, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o mestrado en Xornalismo Audiovisual na Universidade de Santiago.
Comezou o xornalismo en RTVE, Europa Press e La Voz de Galicia.[1] Traballou nos xornais Público, Luzes[2] e Gciencia. Entre 2021 e 2023 exerceu o xornalismo no Congreso dos Deputados. Tamén traballou de fotógrafa, presentadora e moderadora de palestras e outros eventos. Colaborou no activismo feminista desde a asociación O Soño de Lilith. En 2025 coordinaba a comunicación do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).[3]
Coa súa primeira novela, As humidades, quedou finalista do Premio Illa Nova. En 2025 participou na III Residencia Literaria da Illa de San Simón.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- As humidades (2026). Vigo: Galaxia. 238 páxs. ISBN 978-84-1176-579-4.[5]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2018: Premio Egeria[6] polo traballo Cine de autora en Galicia: La figura de la cineasta Manane Rodríguez (1990-2016)
- 2019: Finalista do premio Contar a Ciencia da Real Academia Galega de Ciencias.[7]
- 2025: Finalista do Premio Illa Nova de Narrativa.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alba Tomé". GCiencia. Consultado o 2026-04-02.
- ↑ "Alba Tomé. Luzes-Público – Luzes". Consultado o 2026-04-02.
- ↑ "TOMÉ SUEIRO, ALBA". Editorial Galaxia. Consultado o 2026-04-01.
- ↑ "A Xunta impulsa a creación en galego a través da III Residencia Literaria da Illa de San Simón". xunta.gal. Consultado o 2 de abril de 2026.
- ↑ "AS HUMIDADES". Editorial Galaxia. Consultado o 2026-04-01.
- ↑ Pontevedra, Redacción (2018-12-08). "Un premio a la igualdad para el campus". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2026-04-02.
- ↑ "Una vilagarciana opta a un premio por difundir las terapias de Pilates contra el Párkinson". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-05-07. Consultado o 2026-04-02.
- ↑ "Alba Tomé leva a súa novela «As humidades» ao seo do Culturgal este sábado". La Voz de Galicia. 2025-11-29. Consultado o 2026-04-02.