Saltar ao contido

Alas de Papel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alas de papel»)

Alas de Papel
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Alas de Papel foi unha revista viguesa de arte, ciencia e literatura (poesía, ensaio e narrativa) editada entre 1995 e 1996.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Publicada en castelán e galego e dirixida por Rufino Peral e Carmen Solla.[1] Comezou a publicarse en 1995[2] baixo o título Revista alas de papel e naceu con vocación de ser trimestral, mais non se publicou con esa periodicidade, xa que os intervalos de tempo nos exemplares dos que hai constancia foron de seis meses e un ano. O número cero publicouse en marzo de 1995,[3] o número un en setembro de 1995[4] e xa baixo o nome Alas de Papel[2] saíu o número dous en setembro do ano 1996.[5][Cómpre referencia]

  1. Depósito legal do exemplar número 1: VG 628 - 1994. Consultado o 27 de agosto de 2017
  2. 2,0 2,1 "Ficha na BNE". Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. "Revista Alas de papel". catálogo Iacobus. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  4. Rede de bibliotecas públicas de Galicia
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 07 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]