Alan Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alan Walker
Nacemento23 de agosto de 1938
 Leicester
Falecemento20 de novembro de 2017
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Cambridge e Universidade de Londres
Ocupaciónbiólogo, antropólogo, paleontólogo, arqueólogo, prehistoriador, paleoantropólogo e catedrático de universidade
PremiosMacArthur Fellows Program e International Prize by Fyssen Foundation
editar datos en Wikidata ]

Alan Walker, nado en Leicester en 1938, é un antropólogo británico especializado en paleoantropoloxía. Reside nos Estados Unidos dende 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de antropoloxía na Pennsylvania State University, estudou os lémures de Madagascar e dos primates de África Oriental, colaborou con Richard Leakey na busca de fósiles no lago Turkana e descubriu o cranio negro (KNM-WT 17000), un dos poucos fósiles coñecidos do Paranthropus aethiopicus e estudou o fósil coñecido como neno de Turkana (KNM-WT 15000). Tamén realizou investigacións, coa súa muller, sobre o Procónsul, primate do Mioceno inferior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]