Alan Shugart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlan Shugart
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
San Jose, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteComplicacións dunha cirurxía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Redlands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninformático teórico , emprendedor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIBM Editar o valor em Wikidata
Premios

Alan Field Shugart, nado nos Ánxeles o 27 de setembro de 1930 e finado en Monterey (California) o 12 de decembro de 2006, foi un enxeñeiro, empresario e executivo de negocios estadounidense, cunha carreira que definiu a industria das unidades de disco modernas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nos Ánxeles e graduouse pola Universidade de Redlands, recibindo un grao de enxeñaría física.

Comezou a súa carreira en 1951 como enxeñeiro de campo[2] en IBM. En 1955 pasou ao laboratorio de IBM en San Jose, onde traballou no IBM 305 RAMAC.[3] Ascendeu a través dunha serie de postos cada vez máis importantes ata chegar a ser Direct Access Storage Product Manager, responsábel dos produtos para almacenamento en disco, o negocio máis rendíbel de IBM nesa época. Entre os grupos comandados por Shugart estaba o equipo que inventou o disco flexíbel.

Shugart uniuse a Memorex en 1969 como vicepresidente da súa división de equipos e liderou o desenvolvemento dos seus subsistemas de almacenamento en disco 3660 (compatibles con IBM 2314) e 3670 (compatibles con IBM 3330). O seu equipo tamén desenvolveu Memorex 650, un dos primeiros discos flexíbeis dispoñíbeis comercialmente.

Fundou Shugart Associates en febreiro de 1973 e resignou como CEO en outubro de 1974.[4][5] A compañía foi adquirida máis tarde por Xerox. Entón, el e Finis Conner crearon Shugart Technology en 1979, que axiña cambiou o seu nome a Seagate Technology.

Con Shugart como CEO, Seagate converteuse na maior fabricante independente do mundo de unidades de disco e compoñentes relacionados. En xullo de 1998, Shugart dimitiu do seu posto en Seagate.[6]

Shugart faleceu o 12 de decembro de 2006 en Monterey, California, de complicacións por unha cirurxía cardíaca que sufrira seis semanas antes.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Shugart foi pai de tres fillos, Joanne Shugart (1951-1954), Christopher D. Shugart (nado en 1953) e Teri L.K. Shugart (nada en 1955). Shugart estivo casado con Esther Marrs (de solteira Bell), nai dos seus tres fillos, entre 1951 e 1973. O seu matrimonio con Rita Shugart (de solteira Kennedy) dende 1981 ata a morte del.

Actividade política[editar | editar a fonte]

En 1996, lazonu unha campaña sen éxito para elixir a Ernest, o seu can Bernese Mountain, para o Congreso. Shugart posteriormente escribiu sobre a experiencia no libro Ernest Goes to Washington (Well, Not Exactly). Apoiou unha iniciativa de voto fracasada en 2000 para dar aos votantes de California a opción de escoller "ningún dos anteriores" nas eleccións.[7]

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu en 1997 o IEEE Reynold B. Johnson Information Storage Systems Award. En 2005, foi nomeado membro do Computer History Museum "polas súas contribucións á creación da industria moderna das unidades de disco".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Markoff, John (15 de decembro de 2006). "Disk drive pioneer Al Shugart dies". New York Times. Consultado o 28 de setembro de 2007. 
  2. "Alan F. Shugart". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. In 1951, Shugart began his career at IBM as a field engineer 
  3. Pugh, Emerson W.; Johnson, Lyle R.; Palmer, John H. (1991-01-01). IBM's 360 and Early 370 Systems (en inglés). MIT Press. p. 256. ISBN 9780262161237. 
  4. "Shugart Associates advertisement". Computerworld (Newton, MA). 30 de maio de 1973. p. 6. Shugart Associates was formed in February 1973 ... 
  5. "Shugart President Resigns". Computerworld (Newton MA). 30 de outubro de 1974. p. 42. Shugart Associates' founder, Alan F. Shugart, has resigned as president. He was replaced by Donald J. Massaro, former vice-president of operations. 
  6. "Separation agreement and release, Exh 10.14 to Seagate 10K for fiscal year ending July 3, 1998". U.S. Securities and Exchange Commission. 20 de agosto de 1998. Consultado o 14 de decembro de 2006. 
  7. "Californians consider "none of the above" option". CNN. 4 de marzo de 2000. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]