Alan Lascelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaO moi honorábel Editar o valor em Wikidata
Alan Lascelles
Biografía
Nacemento11 de abril de 1887 Editar o valor em Wikidata
Sutton Waldron, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1981 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Palacio de Kensington, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Membro do Consello Privado do Reino Unido
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSenex Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College, Oxford (en) Traducir
Marlborough College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Palacio de Buckingham Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncortesão (pt) Traducir , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLascelles Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJoan Thesiger (en) Traducir (1920–) Editar o valor em Wikidata
FillosJohn Lascelles (en) Traducir, Lavinia Lascelles (en) Traducir, Caroline Lascelles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrederick Lascelles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Frederica Liddell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBlanche Lascelles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Lascelles-135

Alan Frederick Lascelles, nado en Sutton Waldron o 11 de abril de 1887 e finado en Kensington o 10 de agosto de 1981, foi un funcionario público británico, secretario privado de Xurxo VI e Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia aristocrática, seu pai era o comandante Frederick Canning Lascelles, fillo de Henry Lascelles, conde de Harewood e súa nai Frederica Maria Liddell era neta de Thomas Liddell, barón de Ravensworth[1]. Estudou no Marlborough College e no Trinity College de Oxford e logo serviu en Francia coa Bedfordshire Yeomanry durante a primeira guerra mundial co rango de capitán e logrando unha cruz militar. Despois foi asistente de campo de George Lloyd, o gobernador de Bombai de 1919 a 1920.

Volveu ao Reino Unido e foi secretario privado adxunto do príncipe Eduardo de 1920 ata a súa renuncia en 1929 por fondas diferenzas co príncipe sobre o seu comportamento[2]. Entre 1931 e 1935 foi secretario do gobernador xeral do Canadá Vere Ponsonby. En 1935 converteuse en secretario privado adxunto do rei Xurxo V.

En xaneiro de 1936 logo da morte do rei, ao ascender ao trono o príncipe de Gales como Eduardo VIII, Lascelles serviu como secretario privado adxunto do rei ata a abdicación real en decembro de 1936, e mantivo o mesmo posto co novo rei Xurxo VI. Durante a visita real ao Canadá de 1939, que tamén incluía cidades dos Estados Unidos, o rei investiuno cabaleiro da Real Orde Vitoriana o 8 de xuño nun tren mentres estaban en territorio estadounidense [3].

En xullo de 1943 converteuse no secretario privado principal do rei e membro do Consello Privado do Reino Unido [4]; posicións que mantivo coa subida ao trono da raíña Isabel II de 1952 a 1953. Asemade dende 1945[5] e ata 1953 foi conservador dos Arquivos Reais. Tras retirarse do servizo activo o último día de 1953, declinou entrar na Cámara dos Lords cun título nobiliario mentres si aceptou o nomeamento como cabaleiro gran cruz da Orde do Baño [6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford Dictionary of National Biography. 2004. 
  2. Murphy, Philip (2013) Monarchy and the End of Empire: The House of Windsor, the British Government, and the Postwar Commonwealth Oxford University Press, p. 24
  3. McCreery, Christopher (2008) On Her Majesty's Service: Royal Honours and Recognition in Canada Toronto: Dundurn, p. 31
  4. "Privy Council Meeting. Liverpool Daily Post, 23 de xullo de 1943
  5. The Gazette nº 37019, p. 1851, 6 de abril de 1945 ]
  6. Hart-Davis, Duff (2006). King's Counsellor: Abdication and War, the Diaries of Sir Alan Lascelles.