Alameda de Osuna
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Concello | Madrid | ||||
| Distrito | Barajas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 19.516 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1,961904 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Alameda de Osuna é un dos cinco barrios pertencentes ao distrito de Barajas, na periferia nordeste da cidade de Madrid (España). A súa proximidade ao aeroporto de Madrid-Barajas e a súa peculiar localización xeográfica convérteo nun barrio singular da cidade.
Limita ao norte coa rúa San Severo, a parte final da rúa Soto Hidalgo e a rúa Riaño, ao sur coa avenida de América en paralelo á colonia de Ciudad Pegaso (barrio de Rejas do distrito de San Blas-Canillejas), ao leste coa M-14 e ao oeste coa avenida de Logroño (os números pares).
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alameda de Osuna |
