Alain Tanner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alain Tanner
Alain Tanner répondant à André S. Labarthe à la Cinémathèque française.JPG
Nacemento6 de decembro de 1929
Lugar de nacementoXenebra
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Xenebra
Ocupacióndirector de cinema, guionista e produtor de cinema
PremiosCésar de melhor filme e Grand Prix
Na rede
http://www.alaintanner.ch
IMDB: nm0849609 Allocine: 1314 Allmovie: p113634 TCM: 1479908 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alain Tanner, nado en Xenebra o 6 de decembro de 1929 é un director de cinema suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tanner estudou economía na Universidade de Xenbra. En 1951, uniuse ao cineclub que Claude Goretta acababa de fundar na universidade. Tras graduarse e traballar un breve tempo en empresas navieiras internacionais, pasou a centrarse no cinema.

Tanner atopou traballo no British Film Institute en 1955 subtitulando, traducindo e organizando o arquivo.[1] O seu primeiro filme, Nice Time (1957), unha curtametraxe documental sobre Piccadilly Circus durante as tardes das fins de semanas, realizouno con Goretta.[2] Producido polo British Film Institute Experimental Film Fund, foi mostrado por primeira vez no terceiro programa sobre Free Cinema no National Film Theatre en maio de 1957. O seu filme debut gañou un premio no festival de Venecia e foi eloxiado pola crítica.[1]

Tanner marchou un tempo a Francia onde participou en varios filmes comerciais. Alí coñeceu algún dos máis importantes directores da Nouvelle Vague de París, así como a Henri Langlois, director da Cinémathèque Française. Mais a atmosfera dos círculos cinematográficos da cidade desagradouno; el describiuno como "desapiadado".

Entre 1960 e 1968, Tanner volveu a Suíza e realizou máis de corenta filmes, ademais de documentais para a Télévision Suisse Romande. En 1962 cofundou o "Groupe Cinque" de novos cineastas suízos.

O seu primeiro filme, Charles, Dead or Alive (1969), gañou o primeiro premio do festival de Locarno.[1] Os dous seguintes, La Salamandre (1971) e Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 (1976), realizounos en colaboración co crítico de arte e novelista John Berger, que traballara con el, en menor grao e sen acreditar no guión de Charles.[3]

Tanner, por Erling Mandelmann en 1993

Influído pola súa participación no movemento británico do Free Cinema en Londres e coa Nouvelle Vague en París, Tanner é coñecido sobre todo polos seus filmes Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000, Na cidade branca e Messidor. Na cidade branca participou na 33.ª edición do Festival de Berlín.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Alain Tanner: marin et cinéaste, deux métiers si peu suisses" (en francés). Le Courrier. 7 de febreiro de 2004. Consultado o 2009-10-27. 
  2. "Alain Tanner ou filmer l'ailleurs" (en francés). L'Humanité. 3 de xuño de 1998. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2008. Consultado o 2009-10-27. 
  3. Canby, Vincent (13 de febreiro de 1987). "Film: 'No Man's Land'". The New York Times. Consultado o 2009-10-27. 
  4. "Berlinale: 1983 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 2010-11-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]