Saltar ao contido

Alain-Fournier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlain-Fournier

Alain-Fournier en 1905 (1905) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Henri-Alban Fournier Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1886 Editar o valor en Wikidata
La Chapelle-d'Angillon, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1914 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Les Éparges, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturanecrópole nacional de Saint-Remy-la-Calonne
Saint-Remy-la-Calonne Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Lycée Lakanal
Lycée Voltaire Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeFrancia Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsIsabelle Rivière Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia Galega Universal
Microsoft Encarta Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0288457 Allocine: 37440
BNE: XX1152513 Bitraga: 1479 Find a Grave: 9976560 Editar o valor en Wikidata

Alain-Fournier, pseudónimo de Henri-Alban Fournier, nado en La Chapelle-d'Angillon, Cher, o 3 de outubro de 1886 e finado en combate en Saint-Remy-la-Calonne, Mosa, o 22 de setembro de 1914, foi un escritor francés, autor dunha única novela publicada en vida, O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes, 1913), obra de fondo autobiográfico, na que combinou a irrealidade coa acción, que exerceu unha notable influencia noutros escritores da súa época.[1]

Le Grand Meaulnes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: O gran Meaulnes.

O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes), é unha novela publicada en 1913 pola editorial Émile-Paul Frères. Anteriormente fora serializada na revista literaria La Nouvelle Revue française, de xullo a outubro do mesmo ano.[2]

A novela evoca dúas parellas con destinos entrelazados: por unha banda, Augustin Meaulnes, quen, durante unha voda á que asiste por casualidade, namórase de Yvonne de Galais; por outra banda Frantz de Galais, irmán de Yvonne, que se casará con Valentine Blondeau, pero ela deixa ó seu prometido o día da voda. Augustin Meaulnes quere atopar a Yvonne e tenta reunir a Frantz e Valentine. O mellor amigo de Meaulnes é François, o narrador da novela.

A novela é a obra literaria francesa máis traducida e lida do mundo, xusto despois de O Principiño (1943) de Saint-Exupéry.[3] A finais do século XX, vendera máis de catro millóns de copias en formato rústica.[3]

Edicións en galego

Foi publicada en lingua galega en tradución de Camiño Noia: en 1988 na colección Xabarín de Xerais[4] e en 2010 por Edicións Morgante[5] (Rinoceronte Editora). Traballo recoñecido co Premio de Tradución Plácido Castro en 2011.[6]

Outras obras de Alain-Fournier (todas publicadas postumamente)

[editar | editar a fonte]
  • Miracles, 1924. Recompilación de versos e prosas publicados en diferentes revistas.
  • Correspondance avec Jacques Rivière, 1926.
  • Lettres à sa famille (1905-1914), 1929.
  • Lettres au petit B., 1930.
  • La Femme empoisonnée, 1944.
  • Charles Péguy – Alain-Fournier, Correspondance, Paysages d’une amitié, 1973.
  • La peinture, le cœur et l’esprit. Correspondance inédite (1907-1924), 1986.
  • Colombe Blanchet – Esquisses d’un second roman inédit, 1990.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]