Al Attles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Al Attles
Posición Base
Dorsal 16
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 7 de novembro de 1936
(82 anos)
Estado de Nova York Newark, Nova Jersey
Carreira
Universidade North Carolina A&T
NBA Draft 1960 / Rolda: 5 / Elección: 39
Por
Philadelphia Warriors
Tempadas 19601971
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     6 328 (8,9 pp)
Rebotes     2 463 (3,5 pp)
Asistencias     2 483 (3,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Alvin Austin Attles Jr., nado o 7 de novembro de 1936 en Newark, Nova Jersey, é un ex-xogador e ex-adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira en ambas funcións nos Golden State Warriors National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no trixésimo noveno posto do Draft da NBA polos Philadelphia Warriors en 1960. Tras a súa retirada, os Warriors retiraron o seu número 16 na súa honra. Attles foi o primeiro adestrador afroamericano da NBA, e o segundo en conseguir un anel de campión (1975) tras Bill Russell. Actualmente acode a todos os partidos como local dos Warriors, exercendo como embaixador do equipo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Al Attles xogou durante tres tempadas cos Aggies da Universidade de North Carolina A&T, nas que fixo unha media de 13,1 puntos e 3,3 rebotes por partido.[1]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na trixésimo novena posición do Draft da NBA de 1960 polos Philadelphia Warriors, onde xogou como base suplente dando minutos de descanso ao titular Guy Rodgers. Na súa primeira tempada no equipo fixo unha media de 7,0 puntos e 2,3 asistencias por partido. Ao ano seguinte gañou protagonismo, acadando a titularidade e disputando a que posteriormente sería a súa mellor temporada como profesional con medias 11,3 puntos, 4,7 rebotes e 4,4 asistencias por encontro.

Na temporada 1962-63 o equipo trasladouse a San Francisco, cambiando de conferencia, e sufrindo na súa primeira tempada no Oeste, pasando de ser un equipo de elite a non clasificarse para os Playoffs. Porén, todo cambiou ao ano seguinte, logrando chegar ás Finais da NBA, onde caeron derrotados por Boston Celtics. Attles fixo ese ano medias ese ano 10,9 puntos e 3,4 rebotes por partido. Xogou durante 7 tempadas máis no equipo, as dúas últimas como xogador-adestrador. No total da súa carreira promedió 8,9 puntos, 3,5 rebotes e 3,5 asistencias.

Adestrador[editar | editar a fonte]

A finais da temporada 1969-70 asumiu o posto de xogador-adestrador dos Warriors, para centrarse definitivamente nos labores do banco un ano despois. O seu maior éxito produciríase na tempada 1974-75, cun cadro de xogadores liderado por Rick Barry conseguiron gañar as Finais aos Washington Bullets, claros favoritos, por un contundente 4-0, cando o ano anterior nin sequera puideran clasificarse para os playoffs. Converteuse así no segundo adestrador afroamericano en gañar un anel de campión como adestrador, tras Bill Russell.

As dúas tempadas seguintes seguiron clasificándose para os playoffs, pero caeron na final da Conferencia Oeste en temporada 1976 ante Phoenix Suns e ao seguinte en semifinais ante Los Angeles Lakers. A súas seis últimas temporadas foron un calvario, non logrando clasificar ao equipo en ningunha delas para os playoffs, ata que deixou o posto ao finalizar a temporada 1982-83. Posteriormente exerceu os labores de manager xeral do equipo.

Logros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Basketball Reference (ed.). "Al Attles NBA & ABA Statistics" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]