Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Ajeossi é un filme surcoreano dirixido por Lee Jeong-beom que se estreou en 2010. Foi o filme con maior recadación en Corea no 2010, con 6228300 de entradas vendidas e gañando 47,10 billóns de wons.[1]
A única conexión do exaxente especial Cha Tae-sik co mundo é unha nena que vive preto da súa casa. A nai da pequena traballa para unha organización mafiosa que se dedica ó tráfico de drogas. A nai róuballes un pouco da mercadoría e confíalla, sen que el o saiba, a Cha Tae-sik. Cando os traficantes se decatan, secuestran á nai e á filla.