CB Aismalíbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aismalíbar Montcada»)
Aismalíbar Montcada
Información xeral
Fundación 1947
Desaparición 1964
Cores           Vermello, branco
Localización
Cidade España Montcada i Reixac, España

O Club Baloncesto Aismalíbar foi un equipo profesional español con sede na cidade de Montcada i Reixac, Cataluña. En 1957 foi un dos membros fundadores da Primeira División, competición na que participa durante as súas primeiras oito edicións. Foi tamén catro veces subcampión de Copa (1956, 1957, 1959 e 1964). O equipo desaparece en 1964 por problemas económicos.[1] O club recibía o nome por Aismalíbar, unha empresa de caucho e plásticos local propietaria do club.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes do club remóntanse ao ano 1947 cando a empresa Aismalíbar crea un club social para os seus traballadores. Os empregados crearon un equipo de baloncesto que se inscribiu na Liga Obra Sindical de Educación e Descanso. Tras varios éxitos nesa competición, a empresa inscribiu a outro equipo na Federación Catalá de Baloncesto co nome de Club Baloncesto Aismalíbar. Este quedou campión de Segunda e de Primeira Rexional catalá sucesivamente. A empresa fixo entón un forte investimento económico para facer un equipo competitivo na década de 1950.

Contratou como xogador-adestrador a Eduardo Kucharski, e a xogadores da categoría de Emiliano Rodríguez, que posteriormente faría historia no Real Madrid, Nino Buscató e Francisco Borrell, un pivote de 2 metros de altura.[2] En 1957 converteuse nun dos seis equipos fundadores da Liga Nacional. En canto á competición de copa, +o equipo conseguiu ser catro veces subcampión da Copa do Xeneralísimo (1956, 1957, 1959 e 1964). O declive do club iniciouse cando o equipo tivo que disputar os seus partidos en Barcelona e non na súa pista de Montcada i Reixac, debido a que a nova normativa obrigaba a disputar os partidos en pavillóns cubertos e a empresa Aismalíbar non puido afrontar os gastos que supuña cubrir a pista do seu club social.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa
1956–57 1 1ª División 5−5 Subcampións
1957–58 1 1ª División 13−5 Semifinais
1958–59 1 1ª División 13−9 Subcampións
1959–60 1 1ª División 14−1−7 Cuartos de final
1960–61 1 1ª División 12−2−8 Semifinais
1961–62 1 1ª División 9−9 Semifinais
1962–63 1 1ª División 6−4 Semifinais
1963–64 1 1ª División 15−7 Subcampións

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Club Basquetbol Aismalíbar". Encilopèpida de l'esport català (en catalán). Consultado o 18 de xullo de 2022. 
  2. "Borrell Valls, Francisco". Selección Baloncesto (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]