Aire (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aire
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

Aire foi un semanario deportivo editado en Pontevedra entre 1929 e 1935.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O semanario tivo dúas etapas: a primeira, de 1929 a 1930, e a segunda, de 1934 a 1935.

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario deportivo, apareceu o 14 de outubro de 1929. Publicábase os luns e contiña información sobre todo tipo de deportes, pero centrada nos partidos de fútbol galegos e os do resto do Estado.[1][2] No seu primeiro número apareceu unha sección que recordaba os deportes tradicionais practidos en Galicia.[3] Foi impulsado polo Eiriña Club de Fútbol, equipo que estivera presidido por Antón Losada Diéguez (quen xusto faleceu ao día seguinte da aparición do periódico) e do que eran seareiros Alexandre Bóveda e Castelao, que publicou caricaturas de futbolistas no semanario. Foi un lugar de encontro de intelectuais que compartían nesas páxinas as súas inquietudes deportivas. No editorial do seu primeiro número dise:

Al salir nuestro periódico, nuestras primeras palabras son de saludo cariñoso para la prensa en general y especialmente para los colegas de ‘El Balón’, ‘Hércules’, ‘Correo Deportivo’, ‘Sprint’ y cuantos luchan por el deporte, así como a todos los cronistas que ponen su inteligencia y entusiasmo al servicio de la cultura física(...) En nuestras columnas tendrá acogida fútbol, atletismo, boxeo, ciclismo, náutica (...) Creemos realizar además una labor social. Todo lo que representa acción, en el sector que sea, es progreso.

Ten as mesmas características das súas contemporáneas. Destaca a sección Fungueirazos, con ruxerruxes e críticas á competencia. A súa primeira etapa finalizou o 24 de febreiro de 1930.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Iniciou unha segunda etapa en novembro de 1934.[4][5] O redactor xefe era Segismundo Blanco Cuesta (que asinaba como Don Verdades) e tiña como correspondente na Coruña a José Saturnino Mejuto Iglesias.[6] Destaca a sección Futbolerías. O aumento das fotografías e o paso dun afeccionado deportivo selecto e culto a un máis amplo e heteroxéneo fixeron aparecer textos menos recargados e rimbombantes. Mantivo rivalidade co semanario vigués Sprint e co coruñés Hércules. Cesou definitivamente a súa publicación o 27 de maio de 1935.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 12-10-1929, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 12-10-1929, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 16-10-1929, p. 8.
  4. El País, 14-11-1934, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 15-11-1934, p. 4.
  6. El Pueblo Gallego, 10-8-1974, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]