Aina Fullana Llull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAina Fullana Llull
Biografía
Nacemento1997 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Datos persoais
EducaciónUniversidade das Illas Baleares Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , Catalan teacher (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: Ainaflll Instagram: aina.fll Editar o valor em Wikidata

Aina Fullana Llull, nada en Manacor en 1997, é unha filóloga e escritora mallorquina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Lingua e Literatura Catalás pola Universidade das Illas Baleares, exerceu como profesora de catalán para adultos.[1] Estudou un posgrao de corrección e asesoramento lingüístico (UAB) e un de ensino de catalán para adultos (UVic).

En 2018 gañou o Premio de Relatos de Mulleres polo relato Salada i Salvada.[2] A súa primeira novela Els dies bons, que trata o tema da drogodependencia, foi galardoada co Premio Valencia en 2021[3] e co Premio da Crítica de Escritores Valencianos na categoría de narrativa en 2022. Publicou relatos en revistas como Núvol[4] e Morlanda.[5]

En agosto de 2022 participou en Un verán en Galeusca, un proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato O veleiro.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Els dies bons (2021). Os bos días. Bromera.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2021: Premio Valencia 2021 na categoría de narrativa en valenciano por Els dies bons.
  • 2022: Premio de Crítica de Escritores Valencianos na categoría de narrativa por Els dies bons.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aina Fullana Llull: «'Els dies bons' parla de drogues, d’amor, de records, de perdó, de família, d’engany i autoengany...»". dBalears (en catalán). 2022-01-30. Consultado o 2022-08-25. 
  2. "Guanyadores" (en catalán). Consultado o 2022-08-25. 
  3. "Els Premis València i València Nova 2021 ja tenen guanyadors". alfonselmagnanim.net (en catalán). Consultado o 25 de agosto de 2022. 
  4. "El teu dialecte". Núvol (en catalán). Consultado o 2022-08-25. 
  5. Darder, Clàudia (2022-04-30). "'Morlanda', una revista a la recerca de les veus i el talent creatiu més joves". Ara Balears (en catalán). Consultado o 2022-08-25. 
  6. Fullana Llul, Aina (25 de agosto de 2022). "O veleiro". Nós Diario.