Tomislav II de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aimón de Savoia-Aosta»)
Tomislav II
Tomislav de Croacia.
Rei de Croacia
18 de maio de 1941 - 31 de xullo de 1943
(2 anos)

Nome completoAimón Roberto Margarita María Xoán de Savoia
Outros títulos
  • Nacemento9 de marzo de 1900
    Turín, Italia Italia
    Falecemento29 de xaneiro de 1948
    (47 anos)
    Buenos Aires, Arxentina
    PredecesorNon tivo
    SucesorFin da monarquía
    (Ante Pavelić)
    ConsorteIrene de Grecia e Dinamarca
    DescendenciaAmadeu de Aosta
    Casa realCasa de Savoia
    ProxenitoresManuel Filiberto de Aosta
    Helena Luísa de Francia

    Escudo de Tomislav II de Croacia
    Na rede
    WikiTree: Savoia-60 Find a Grave: 61569675 Editar o valor em Wikidata

    Tomislav II de Croacia, tamén coñecido como S.A.R. o príncipe Aimón Roberto Margarita María Xoán Turín (italiano: Aimone Roberto Margherita Maria Giovanni Torino), nado en Turín o 9 de marzo de 1900 e finado en Buenos Aires o 29 de xaneiro de 1948, foi Rei de Croacia e cuarto Duque de Aosta

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Foi o segundo fillo do Príncipe Manuel Filiberto, segundo Duque de Aosta e da Princesa Helena Luísa de Francia (filla do Conde de París, Xefe da Casa Real de Francia e da princesa María Isabel de Orleáns, Infanta de España). O seu bisavó foi o Rei Vítor Manuel II de Italia, e o seu avó foi Amadeu I de España. O 22 de setembro de 1904, a moi curta idade foille outorgado o título de Duque de Spoleto.[1]

    O 1 de xullo de 1939 o Príncipe Aimón de Savoia casou coa princesa Irene de Grecia, filla do Rei Constantino I de Grecia e a Princesa Sofía de Prusia, en Florencia. Tiveron un fillo, o Príncipe Amadeu, quinto Duque de Aosta, o 27 de setembro de 1943.

    O 18 de maio de 1941, Aimón de Savoia foi proclamado Rei do Estado Independente de Croacia baixo o nome de Tomislav II. Este proxectado Reino de Croacia foi un estado controlado efectivamente por Italia e Alemaña que cubría a maioría de Croacia e a actual Bosnia e Herzegovina.

    A pesar da proclamación feita polos croatas e do auspicio da Italia fascista, Aimón de Savoia comprendeu que na práctica o novo Estado croata era un simple monicreque dos alemáns e que o litoral de Dalmacia sería sempre unha fonte de controversia ítalo-croata, en tanto el mesmo consideraba imposible "italianizar" a costa dálmata.[2] De feito, o novo monarca nunca tivo poder efectivo no territorio croata nin o quixo visitar algunha vez (principalmente por razóns de seguridade ante gromos de insurxencia).[3] O propio ministro de Mussolini, Galeazzo Ciano, anotou no seu diario en 1942 que o príncipe Aimón "estaba orgulloso de ser Rei de Croacia pero non tiña unha idea clara sobre o que debe facer e sente algo molesto por iso".[4] Por estes factores Aimón de Savoia non tivo reparos en abdicar o 21 de xullo de 1943 e posteriormente a renunciar á coroa croata o 12 de outubro, cando Italia xa se retirou da guerra.[2][5][6]

    Tras a firma do armisticio entre Italia e os aliados, Aimón toma partido polo seu primo o rei de Italia Vítor Manuel III e colabora coa Lugartenencia que establece o príncipe herdeiro Humberto II, baixo supervisión dos aliados. Á súa vez a súa esposa e o seu fillo son detidos no norte de Italia por orde dos nazis e confinados en Hirschegg (Alemaña) onde permaneceron, en condicións moi precarias, até a súa liberación en abril de 1945.

    O Príncipe Aimón converteuse no cuarto Duque de Aosta o 3 de marzo de 1942, tras a morte do seu irmán máis vello, o Príncipe Amadeu de Savoia, Terceiro duque de Aosta, nun campo de prisioneiros de guerra británico en Nairobi tras ser apresado en Etiopía en 1941. Aimón partiu ao exilio tras a proclamación da república italiana en 1946 e morreu o 29 de xaneiro de 1948 en Bonos Aires, Arxentina.

    Probablemente, se o plebiscito de maio de 1946 para elixir entre monarquía e república, que se celebrou para definir a organización política de Italia tras a caída de Mussolini e Humberto II, tivese unha posición a favor dunha monarquía liderada por Aimón de Aosta, posiblemente non triunfase a opción republicana. Actualmente o seu fillo Amadeu de Aosta considérase o lexítimo pretendente ao trono de Italia ao non producirse a renuncia aos seus dereitos dinásticos por parte de Aimón, mentres que si o fixo o último rei italiano, Humberto II.[7]

    Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

    • Soberano Gran mestre da Orde da Coroa do Rei Zvonimir (Reino de Croacia, 1941).
    • Soberano Gran mestre da Orde militar do Trevo de Hierro. (Reino de Croacia, 1941).
    • Soberano da Orde ao Mérito de Croacia (Reino de Croacia, 1942).
    • Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1921).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1921).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1921).
    • Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (Reino de Italia).
    • Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • 2 Medallas de Bronce ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Cruz de Guerra ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Medalla de Honra pola Prolongada Navegación Marítima [20 anos de servizo] (Reino de Italia).
    • Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918).
    • Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Nobleza Mediterránea
    2. 2,0 2,1 Davide Rodogno (2006).
    3. Jozo Tomasevich (2001).
    4. Galeazzo Ciano (1947).
    5. Richard G. Massock (2007).
    6. Stevan K. Pavlowitch (2008).
    7. http://www.abc.es/hemeroteca/historico-30-05-2004/abc/Home/victor-manuel-de-saboya-y-amadeo-de-aosta-a-golpes-por-un-trono_9621774496098.html

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Carlos IV
    Rei de Croacia

    18 de maio de 1941 - 31 de xullo de 1943
    Sucesor:
    Vacante
    Predecesor:
    Amadeu II
    Duque de Aosta

    3 de marzo de 1942 - 29 de xaneiro de 1948
    Sucesor:
    Amadeu III