Aida Carro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1994 (30 anos) Pontedeume, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | remeira |
Período de actividade | 2004 - 2020 |
Deporte | remo |
Aida Carro Allegue, nada o 11 de xuño de 1994 en Pontedeume, é unha remeira galega de traiñeira. Competiu a nivel profesional co club Donostia Arraun Lagunak da Liga Euskotren, a primeira división española de traiñeiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa traxectoria no Club de Remo Ares no ano 2004, coma o seu irmán, o tamén remeiro Pedro Carro Allegue. Durante esa etapa competiu tanto en banco móbil como en banco fixo, obtendo Campionatos Autonómicos e medallas de Campionatos de España, destacando dous Campionatos de España de bateis en 2010 e 2012. Despois de oito anos no club, fichou polo Club de Remo San Felipe. Tras un parón, en 2016 volveu remar, competindo durante dous anos na Liga Galega Feminina de Traiñeiras co Club de Remo A Cabana. No ano 2018 fichou polo club Donostia Arraun Lagunak.[1]
Durante tres tempadas compaxinou as competicións de bateis e trainerillas en Galicia coa Liga Euskotren no verán. Co club Donostia Arraun Lagunak obtivo dúas bandeiras na Liga Euskotren ademais dun segundo, un terceiro e un cuarto posto na Bandeira da Concha. Tamén foi adestradora de categorías bases no Club de Remo Ares e no Club de Remo de Narón. Recibiu distintos recoñecementos como o do colectivo Rampla, pola súa paixón dedicada ao remo.[2] Está graduada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e ten formación pedagóxica.[3]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
Club de Remo Ares | Galicia | 2004 - 2012 |
Club de Remo San Felipe | Galicia | 2013 - 2014 |
Club Remo A Cabana - Ferrol | Galicia | 2016 - 2017 |
Donostia Arraun Lagunak | País Vasco | 2018 - 2020 |
Club de Remo Ares | Galicia | 2022 - presente |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elías, Carla (17 de xuño de 2018). "O soño de remar na Concha". La Voz de Galicia. Consultado o 16 de outubro de 2021.
- ↑ "O colectivo Rampla outorga en Cedeira os premios Resilientes". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2021.
- ↑ Izquierdo, Jabier; Azurmendi, Iker (2 de xullo de 2019). "El teorema de Aida". noticiasdegipuzkoa.eus. Consultado o 16 de outubro de 2021.