Aida Bao
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 1990 Santiago de Compostela, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela - xornalismo |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, profesora universitaria, locutor, director de informativos |
| Empregador | COPE El País Cadena SER Televisión de Galicia Universidade Autónoma de Madrid |
| Familia | |
| Nai | Aida Pena |
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Aida Bao iniciou a súa carreira profesional como bolseira na Cadea COPE e na Televisión de Galicia. Posteriormente, realizou unha bolsa de dous anos en Radio Galicia da Cadea SER, onde participou na cobertura do accidente ferroviario do Alvia en Angrois en xullo de 2013. Por este traballo, a emisora recibiu o Premio Ondas ao Mellor Tratamento Informativo dun Acontecemento.[2]
Entre 2014 e 2018, traballou como reporteira de directos e informativos na delegación noroeste de La Sexta. Durante este período, tamén foi copresentadora e reporteira internacional do programa O país máis grande do mundo, emitido na Televisión de Galicia, realizando reportaxes en países como México, Estados Unidos, Cuba, Suíza, Reino Unido ou Bélxica.
En 2018 incorporouse á redacción central da Cadea SER en Madrid. Até 2020 traballou como redactora no programa Hoy por Hoy, primeiro co equipo de Pepa Bueno e posteriormente co de Àngels Barceló. En 2020 foi nomeada subdirectora dos informativos da fin de semana da cadea, e desde 2022 exerceu como directora, presentando os programas Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana.[3]
Desde abril de 2024 colabora co diario El País mediante a publicación da súa videocolumna semanal Notas de voz en la terraza, onde ofrece reflexións persoais sobre a actualidade.[4]
Desde agosto de 2025 convértese na presentadora substituta do programa Malas Linguas en substitución de Jesús Cintora.[5]
En paralelo á súa actividade xornalística, desde 2023 imparte clases de radio no Máster de Xornalismo UAM - El País.[6] [7]
Familia
[editar | editar a fonte]Aida Bao provén dunha familia cunha destacada traxectoria no ámbito xornalístico galego. O seu pai, Ricardo Bao, traballou como xornalista na Televisión de Galicia, mentres que a súa nai, Aida Pena, desenvolveu a súa carreira en Radio Galicia da Cadea SER durante máis de tres décadas.[8]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Ondas 2013: A redacción de Radio Galicia da Cadea SER, da que Bao formaba parte, recibiu o Premio Ondas ao Mellor Tratamento Informativo dun Acontecemento pola súa cobertura do accidente do tren Alvia en Angrois.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parrilla, Ramón Garcia (2025-07-10). "Quién es Aida Bao, la elegida de RTVE para sustituir a Jesús Cintora en 'Malas Lenguas' durante el mes de agosto". MARCA (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ EFE (2013-10-30). "Radio Galicia gana el Ondas por la cobertura del accidente del Alvia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ Semana, Cadena SER-Hora 14 Fin de. "Hora 14: lo que pasa, lo que importa". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ PAÍS, Ediciones EL (2025-07-10). "Artículos escritos por Aida Bao". El País (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ RTVE, PRENSA (2025-07-10). "Aida Bao tomará el relevo de Jesús Cintora en 'Malas Lenguas' en agosto". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ "Instagram". www.instagram.com. Consultado o 2025-07-10.
- ↑ "¿Quiénes Somos?". Escuela de Periodismo UAM - El País (en castelán). Consultado o 2025-07-10.
- ↑ Pacman (domingo, 7 de mayo de 2023). "radiochips: madre e hija". radiochips. Consultado o 2025-07-10.
- ↑ EFE (2013-10-30). "Radio Galicia gana el Ondas por la cobertura del accidente del Alvia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2025-07-10.