Saltar ao contido

Aichi D3A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aichi D3A
 Instancia de
 Subclase de
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
Aichi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Operador/a
Produción
 Fabricante
Aichi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Total producido
1495 Editar o valor en Wikidata
Características
 Impulsado por
Kinsei (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Altura3,8 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude10,2 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura14,37 m Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Primeiro voo
xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en servizo
1940 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1945 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata C:Commons

O Aichi D3A foi un bombardeiro en picado embarcado xaponés da segunda guerra mundial. Era o máis importante bombardeiro en picado xaponés ao principio da guerra. Estaba inspirado en deseños alemáns como os Heinkel He 66, He 70 e He 74 e foi o primeiro bombardeiro en picado xaponés monoplano de á baixa e construción totalmente metálica. Voou por primeira vez en xaneiro de 1938 e entrou en servizo a finais de 1940. Ao final da guerra foron usados como kamikaces. Os aliados alcumárono "Val".

A mediados de 1936 a Armada Xaponesa emitiu as especificacións 11-Shi para un bombardeiro en picado embarcado monoplano para substituír o biplano Aichi D1A que estaba en servizo neses momentos. Aichi, Nakajima e Mitsubishi propuxeron os seus deseños, e aos dous primeiros fabricantes pedíronselle dous prototipos.

O deseño de Aichi comezou cunhas ás baixas inspiradas nas do alemán Heinkel He 70 Blitz, tiña un tren de aterraxe fixo instalado así por simplicidade xa que a velocidades baixas non presentaba moito problea e foi montado cun motor radial de nove cilindros Nakajima Hikari 1 cunha potencia de 529 kW (710 cabalos).

O primeiro prototipo completouse en decembro de 1937, e as probas de voo comezaron un mes máis tarde. As primeiras probas foron decepcionantes. O avión tiña pouca potencia e era inestable en xiros amplos, e ademais en xiros pechados tendia a bambolearse. Os freos de picado vibraban moito cando se estendían á velocidade de 370 km/h, e a Armada xa estaba pedindo unha maior velocidade de picado de 440 km/h.

O segundo aparello foi amplamente modificado antes da entrega coa intención de amañar eses problemas. A potencia foi incrementada substituíndo o motor Hikari polo Mitsubishi Kinsei 3 de 626 kW (840 cabalos) nunha cuberta redeseñada, e a deriva foi alongada para evitar a inestabilidade direccional. As ás tamén foron lixeiramente modificadas para eliminar o bambeo e os freos de picado axustáronse. Estes cambios arranxaron todos os problemas agás o da inestabilidade, pero foron suficientes para que o D3A1 gañase ao Nakajima D3N1.