Ahuna Mons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ahuna Mons
Lone conical mountain on Ceres from HAMO.jpg
A montaña vista dende a sonda espacial Dawn. O norte está cara abaixo.
Descuberto por grupo de traballo da Dawn
no 2015
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Ceres
Coordenadas 10,48° S 316,2° E[1]
Diámetro 20 km[1]
Altitude ~4 km [2]
Procedencia do nome Fai referencia ó festival da recollida da colleita do pobo Sumi Naga, no nordeste da India.[1]

Ahuna Mons [1] é a montaña máis grande do planeta anano Ceres. Proxectase sobre un terreo de forma lisa, non é un accidente xeolóxico de impacto, e semella se-la única montaña do seu tipo en Ceres. Raias brillantes percorren de arriba a abaixo as súas ladeiras; pensase que esas trazas brillantes están compostas por sales, esa composición sería semellante á das machas brillantes de Ceres,[3] e probablemente son ó resultado da actividade criovolcánica do interior de Ceres.[4] Recibiu o seu nome en referencia ó festival da recollida da colleita do pobo Sumi Naga, no nordeste da India.[1]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A montaña foi descuberta grazas ás imaxes captadas pola Dawn en órbita en torno a Ceres, no 2015.[5] Estímase que ten unha altura media de preto de 4 km e unha altura máxima de preto de 5 km, visto dende a ladeira máis longa; ten uns 20 km de ancho na base.[2]

Orixe[editar | editar a fonte]

Tense proposto que Ahuna Mons se formou coma un cumio criovolcánico.[6][7] Sería pois, o criovolcán máis preto do sol, descuberto ate o de agora no Sistema Solar.[8] Está máis ou menos nas antípodas da maior conca de impacto de Ceres, que é o cráter Kerwan, con 280 km de ancho. A enerxía sísmica do impacto que formou o cráter Kerwan púidose enfocar no lado oposto de Ceres, fracturando as capas exteriores da zona e facilitando así o movemento do magma criovolcánico de alta viscosidade (que consistiría en xeo de auga enlamado e abrandado polo seu contido en sales) que estaba sendo empurrado cara a superficie do planeta anano. O reconto de cráteres suxire que a formación da montaña continuou nos últimos varios centos de millóns de anos, facendo desta unha característica xeolóxica relativamente nova.[7]

Galería[editar | editar a fonte]

Imaxe xerada por ordenador de Ahuna Mons, a elevación está magnificada por dous (1 de setembro de 2016).
Panorámicas de Ahuna Mons (Marzo 2016).
Vista dende arriba
Vista dende arriba
Vista lateral
Vista lateral


Vista panorámicas Ahuna Mons - feitas coa LAMO (Decembro 2015)
Vista dende arriba
Vista dende arriba
Vista lateral
Vista lateral
Vista en 3D
Vista en 3D

Animacións[editar | editar a fonte]

Animacións dos sobrevoos de Ceres.
Características da superficie magnificadas
(simulación; 01:15; 08-06-2015)[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Mons, montes: Ahuna Mons on Ceres". Arquivado dende o orixinal o 22-03-2017. Consultado o 01-04-2017. 
  2. 2,0 2,1 Jet Propulsion Lab, ed. (07-03-2016). "PIA20348: Ahuna Mons Seen from LAMO". Consultado o 14-04-2016. 
  3. Stone, Maddie (01-10-2015). "Ceres' Mysterious Bright Spots Aren't Made of Ice After All". Gizmodo. Consultado o 25-03-2016. 
  4. Burnham, Robert (15-10-2015). "Deep freeze puts the squeeze on dwarf planet Ceres". Arizona State University. Consultado o 25-03-2016. 
  5. "NASA spies 3-mile-tall 'pyramid,' more bright spots on Ceres". Cnet. 17-06-2015. Consultado o 19-06-2015. 
  6. Skibba, R. (01-09-2016). "Giant ice volcano spotted on dwarf planet Ceres". Nature. doi:10.1038/nature.2016.20526. 
  7. 7,0 7,1 Ruesch, O.; Platz, T. e o resto dos seus colaboradores (02-09-2016). "Cryovolcanism on Ceres". Science 353 (6303): aaf4286–aaf4286. doi:10.1126/science.aaf4286. 
  8. "THE MYSTERY OF AHUNA MONS, THE LONELY ICE VOLCANO". States News Service. 23-01-2017. Consultado o 12-02-2017. 
  9. Landau, Elizabeth; Dyches, Preston. (08-06-2015). "Fly Over Ceres in New Video". NASA. Consultado o 09-06-2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]